Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Crónica: UD Cerqueda, á fase de ascenso

Cerqueda feminino a fase de ascenso
O Cerqueda conseguíu o pase á Fase de Ascenso
A Crónica: UD Cerqueda, á fase de ascenso
A mellor nova da xornada do #FutboldaCosta foi, sen dúbida, o pase do UD Cerqueda Feminino á Fase de Ascenso á 1ª División. As dos Guillamet vencían na casa a un Cee que xa tiña praza asegurada na Fase, e conseguen superar ao Cacheiras e meterse entre as 4 mellores.
 
Polo demais, empezando por arriba, empatiño do Fisterra e gran vitoria do Xallas para acadar a permanencia.
 
Na 1ª, a piques estivo o Baio de remontarlle ao Flavia un 0-2, conseguindo un empate que lle pon as cousas complicadas para o ascenso, xa que o Cidade de Ribeira venceu no Pino do Val, e escapa.
 
Volvía a Liga da Costa, con bos partidazos e moita igualdade, na Fase de Ascenso.

Ademais, na 3ª, dos 4 de arriba só fallou o Porteño na súa visita a un Ameixenda que sorprende a calquera.
 
Todos os resultados en www.futboldacosta.com, e tamén os da #CopadaCosta e das Fases polo título Xuv. e Inf. en www.copadacosta.com.
 

Comentarios