Domingo. 17.11.2019
El tiempo

David Castro analiza o comezo das 4 ligas do Fútbol da Costa

David Castro- Foto-Fin Lema
David Castro- Foto-Fin Lema
David Castro analiza o comezo das 4 ligas do Fútbol da Costa

Tralo comezo da Preferente e despois da primeira análise de Corredoira, hoxe queremos falar con outro dos grandes especialistas en materia de Fútbol costeiro como é David Castro, de Diariodeportivo.gal, para ver como ve este comezo de temporada.

Preferente

  • QPC: Como vés os 3 equipos costeiros de Preferente? Pasarán apuros ou estarán na zona media-alta?

Eu creo que os tres equipos teñen como claro obxectivo a permanencia e que son conscientes dilo. Para acadar o obxectivo será moi importante que comecen ben a tempada En canto ao de pasar apuros, a Preferente é unha categoría moi complicada e ninguén está libre de pasar por malas etapas ao longo da tempada ou de sufrir ao final da competición ligueira, aínda que agardemos que os equipos costeiros fagan os deberes co debido tempo para non pasalo mal nas última xornadas, ás cales esperemos que cheguen coa ansiada tranquilidade.

 
  • QPC: A quen vés máis potente este ano? Que equipo se reforzou mellor?

A miña opinión é que o Ara Solis e os reforzos de renome feitos polo Fisterra, xogarán a favor do equipo de Ángel López e se nada se torce probablemente sexa o equipo dos tres costeiros que menos sufra, pero o fútbol é moi traicionero e nunca se sabe.
No que respecta ao Sofán, penso que conta cun plantel moi novo pero con moito talento, polo que se Alberto Rodríguez é quen de sacarlle todo o seu potencial, daralle moitas alegrías á afección do Carral.
Mentres que por Fontenla, creo que a xente que forma o Xallas FC sabe, que debido aos numerosos cambios que sufriu o equipo, será un ano complicado no que a ilusión do seu adestrador Adrián Lema que afronta a súa primeira aventura na Preferente e as ganas por facerse notar na categoría de xogadores que queren dar un salto na súa carreira coma os Pablo Mato, Juan de Celia, Alberto Loureiro e Asier, entre outros, e a experiencia dos outros compoñentes do plantel serán un plus que lle fará sumar moitos puntos para acadar o obxectivo.

 

1ª Galega

  • QPC: 5 equipos costeiros na categoría. Cres que algún dos equipos pasarán moitos apuros?

Eu confío en que ningún deles pase apuros, xa que todos confeccionaron bos planteles que lle permitirán competir polos tres puntos en cada partido e espero que estén entre a zona cómoda e a alta da clasificación, nunha categoría que sempre se caracteriza pola gran igualdade que hai de principio a fin.

 
  • QPC: Cres que algún ten opcións reais de ascender?

Eu penso que sen dúbida ningunha, o Soneira é un claro e firme candidato ao ascenso á Preferente. Despois dunha tempada complicada, na que tanto as baixas por lesións como por outros motivos deixaron mermado ao equipo, a dirección deportiva fixo un esforzo para traer xente con experiencias en categorías superiores que, sumados á xente que xa estaba no clube no anterior curso, lle axudará a loitar de principio a fin polo ascenso, obxectivo único dos Irmandiños. Logo e ao igual que a pasada tempada, a miña opinión é que o Baio volverá a estar na parte alta, polo seu particular e característico fútbol de toque e que ademáis conta cun dos xogadores diferenciais da categoría como é MC.
No que respecta ao Dumbría, Mazaricos e Volantes son tres equipos que non deberían pasar apuros, que non teñen que pechar a porta a nada xa que teñen planteles con moi bos futbolistas e que poden chegar ao tramo final da tempada con opcións de todo.

 
  • QPC: Como cres que se reforzaron os nosos equipos?

Todos os conxuntos costeiros fixeron bos reforzos dentro da medida das súas posibilidades e como ben dixen anteriormente, iso fará que teñan posilibilidades de loitar por todo neste Grupo 2 da Primeira Galicia.

 

2ª Galega

  • QPC: Que equipos ves favoritos para esta Liga da Costa?

Para esta tempada, vexoo moi bos planteles e creo que será unha Liga da Costa moi reñida e é difícil mollarse por dous ou tres equipos sós xa que clubes como Esteirana, Corme, Ponteceso, Cerqueda, Baíñas, Muxía, teñen xogadores que lles pode permitir loitar polo título de campión, ao que como adoita ser habitual sempre se pode xuntar algunha sorpresa ou revelación.

 
  • QPC: Cales foron os equipos que mellor se reforzaron este curso?

Para min, Cerqueda e Ponteceso, dous equipos que coa xente que incorporaron, seguramente den un salto de calidade que lle fagan loitar por cousas importantes esta tempada.

 
  • QPC: Que equipos pasarán apuros?

Ao igual que pasa por arriba, a igualdade marcará a zona baixa e ata os últimos partidos, penso que non saberemos quenes estarán en verdadeiro perigo.

 

3ª Galega 

  • QPC: Que equipos ves favoritos para ascender á Liga da Costa?

Pois eu diría que entre Porteño, Monte Louro, Outes e Camariñas estará a cousa.

 
  • QPC: Cales foron os equipos que mellor se reforzaron este curso?

Dous dos equipos chamados a ser punteiros na categoría como Camariñas e Monte Louro, fixeron boas incorporacións para loitar por cousas importantes.

Novas relacionadas

Comentarios