Dépor e Madrid de Xuvenís enfróntanse no San Paio de Refoxos este verán

11:08 21/06/22
Dúas das mellores canteiras do fútbol estatal enfrontaranse este 30 de xullo no San Paio de Refoxos. No marco do Ano Xubilar Mariano da Virxe da Xunqueira, a Parroquia de Cee xunto a Peña Madridista A Marea Blanca organizan un partido de fútbol xuvenil entre o Real Club Deportivo da Coruña e o Real Madrid Club de Fútbol.
O saque de honra a cargo de José Manuel Otero Lastres, o gran valedor ceense no seo do Real Madrid.
As entradas xa se poden conseguir a un prezo de 5€ na Igrexa Parroquial, contactando coa Peña Madridista ou nos seguintes locais: Cervecería Atrio, Cafetería Express, Café Deluxe, Tienda Carrusel (en Cee) e Bar Suiza e Carrumeiro (en Corcubión).
