Venres. 29.03.2024
El tiempo

O EDM Ponteceso e o EFM Vimianzo fixeron un gran papel nos Provinciais de FS

EDM Ponteceso campion provincial de FS Alevin
EDM Ponteceso proclamouse campión provincial de FS Alevín
O EDM Ponteceso e o EFM Vimianzo fixeron un gran papel nos Provinciais de FS

Coincidindo, lamentablemente, coa fase final da Copa da Costa F8 que se disputaba nas Redondas, EDM Ponteceso e EFM Vimianzo disputaban en Noia a Fase Final do Campionato Provincial de Fútbol Sala. Tras quedar campións das ligas costeiras e da fase intercomarcal, os equipos de Paco e Barca acodían a esta cita (tiñan que deixar de ir á Copa) con toda a ilusión.

E gran papel realizaron os nosos. Os alevíns do EDM Ponteceso proclamábanse brillantes campións provinciais tras vencer en semis 5-3 ao Compañía de María e na final ao Pontecesures por un apretado e vibrante 6-5, tras unha espectacular remontada pois ao descanso os de Barca e Remedios Varela, a técnico de Deportes do concello, ían perdendo 1-5.

Os peques do EFM Vimianzo vencían en semis ao Frades, por un rotundo 6-3, pero pola tarde caían na final ante o Ames por 6-3, quedando tamén nun espectacular 2º posto provincial.

EFM VImianzo subcampion Provincial de FS
O EFM Vimianzo foi subcampion Provincial de FS

Novas relacionadas

Comentarios