Sábado. 30.05.2020
El tiempo

Empate de pichichis nunha 3ª onde o Premio Álex Pombo marcha para Outes

Brandon e Josito compartirán o Balón da Olería de Buño da Gala do Fútbol da Costa - QPC como pichichis da 3ª da Costa
Brandon e Josito compartirán o Balón da Olería de Buño da Gala do Fútbol da Costa - QPC como pichichis da 3ª da Costa
Empate de pichichis nunha 3ª onde o Premio Álex Pombo marcha para Outes

Acabou a Liga regular da 3ª e cómpre facer o primeiro balance dos pichichis e Zamoras, ou mellor dito, os Álex Pombo da Costa.

Este ano temos empatísimo no alto da táboa dos máximos Goleadores. Brandon, do Camariñas e Josito, do Nantón (que meteu 4 na última xornada), teñén os mesmos números: 19 goles en 18 partidos, con máis de un gol de media por partido. Compartirán así o Balón de Olería de Buño na Gala do Fútbol da Costa - QPC. Sorprende a mocidade de ambos pois o cabanés ten 21 anos polos 20 do camariñán. Precisamente, hai 3 anos falaba Guillermo Parga co camariñán en QPC cando era aínda xuvenil.

Por detrás quedaron Pesco do Montelouro con 14 goles en só 13 partidos (a mellor media de todas); Carra do Laxe, tamén con 14 goles; e Nazo (Camariñas) e Iago Lema (Corcubión) con 12, completan a parte alta da táboa. Mención aparte merece o camariñán Javi Antelo, que con só 11 partidos suma 11 goles, achegándose á media dos 3 primeiros.

Outro Álex Pombo da Serra

Alex Pouso porteiro do Outes Premio Alex Pombo da Costa 19-20
Alex Pouso, porteiro do Outes, Premio Alex Pombo da Costa 19-20

Como xa conseguira Gato no seu día (hoxe compañeiro), o premio Álex Pombo da 3ª vai para a Serra de Outes. O novo Alex Pouso do Outes recibiu só 8 goles en 19 partidos. Álex foi substituído en 5 partidos (dous no m.90), e precisamente Gato recibiu os outros dous goles encaixados polo equipo menos goleado da categoría.

Por detrás quedan Marcos Lijó, do Outes, que recibiu 12 goles en 14 partidos; e o camariñán Pablo Novo, que recibiu 22 tantos en 20 partidos.

comentarios