Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Orgullo Nacional

Orgullo Nacional
Brandon desputou os seus últimos minutos co Camariñas, antes de incorporarse ao Calasanz de Liga Nacional Xuvenil Brandon, novo futbolista do Calasanz - Foto: Camariñas CF Brandon, novo futbolista do Calasanz - Foto: Camariñas CF A maior parte das novas relacionadas co Camariñas no último ano non as poderían ler os protagonistas se levasen a calificación de 'dos rombos' (calificación da compañía de radiotelevisión nos contenidos non aptos para menores de 18 anos). O clube palilleiro vive unha reconstrucción cun forte aroma a canteira, actitude de descaro por parte dos rapaces prodixio e un certo sentido de orgullo camariñán, como rezan moitas pancartas e bufandas que se deixan ver pola vila. Un dos máximos exponentes desta versión 2.0 é Brandon Campaña Trillo, que xa ten pasado pola aduana como producto 'gourmet' exportado: o pasado domingo desputou os seus últimos minutos de azul, antes de incorporarse ao Calasanz de Liga Nacional Xuvenil. Brandon é un dos primeiros fillos do 'efecto 2000' (en marzo fará 17 anos) que triunfa na Liga da Costa. Coma moitos dos seus compañeiros está acostumado a alternar xornada dobre de fin de semana, ao despuntar tanto en xuvenís coma en Sénior. Menudo e atrevido, o atacante está convencido das súas cualidades, tanto para desafiar a rivais que poderían ser seu pai coma para escalar de repente dúas categorías xuvenís. "Síntome preparado para xogar en Liga Nacional, de feito cando se puxeron en contacto comigo e me deron a nova vin claro que quería ir", confesa un home que se define desta forma: "Son rápido, e con esforzo podo conseguir o que desexe; tamén fáltanme moitas cousas que mellorar, máis que nada no físico". Ademais, o pasado Nadal xa foi convocado pola Selección da Costa para representar ao seu pobo ante a Selección Galega en Muros, a beneficio de Cáritas. Ten sido a Costa da Morte un viveiro recurrente para o Calasanz, que da man de varios fisterráns e ceenses coma Aarón, Adrián ou Rubén acadou o seu maior éxito (o ascenso a División de Honor), e da do carnotán Piri ou o tamén fisterrán Piti sobreviviría máis dun ano. De momento, Brandon non sabe como mudará a súa realidade (ten a opción de vivir na Coruña ou desprazarse a diario desde Camariñas). Pero na mente do futbolista existe tamén un sentemento de incertidume polo que atopará e como respostará. "Con esforzo todo chega, en xeral, e non quero ir de sobrado, pero son un futbolista áxil e rápido cando non me traicionan os nervios", comenta. "Por exemplo, no primeiro adestramento, non sei que pensará a xente de min, e ao ir algo nervioso, seguramente falle máis", engade un home que de tódolos xeitos espera que non sexa unha viaxe relámpago rumbo á Coruña. "A miña idea é chegar o máis lonxe posible", advirte. Un dos equipos máis atractivos de ver na Liga da Costa perde a un dous seus maiores 'entertainers'. Atrás deixa 31 goles asinados entre canteira e Sénior, e un conxunto ao que lle desexa grandes cousas. "O Camariñas está moi ben, como para vencer a calquera, espero que leven Liga e Copa, todo o que poden gañar", asevera. Marcha Brandon, pero no Hermanas Patiño seguirá o selo dunha 'Masía' do século XXI chea doutros 'locos baixiños'. Aínda se pode desfrutar dos Kevin, Nazo, Javi Antelo e compañía...

Comentarios