Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Federación e o Fútbol da Costa perfilan a Copa da Costa

  • Xa temos os cadros das Copas Xuvenil, Cadete e Infantil
Sorteo das Copas da Costa en Baio
Imaxe da reunión
A Federación e o Fútbol da Costa perfilan a Copa da Costa

Celebrouse onte en Baio unha reunión do Fútbol da Costa coa Real Federación Galega de Fútbol. O presidente Rafael Louzán achegábase a subdelegación costeira para escoitar aos nosos clubs, e perfilar a nosa competición fetiche: a Copa da Costa.

Celebrouse o sorteo dos cadros da Copa Xuvenil, Cadete e Infantil, que quedan coo vemos abaixo.

Pero tamén se adiantaron as novidades arredor da #CopadaCosta sénior. Serán os 36 equipos da Costa os que participen, cun hipotético calendario que comezaría cunha previa o 29 de maio, e remataría ca gran final, a gran Festa do Fútbol da Costa, o domingo 3 de xullo. Todo con eliminatorias a partido único no terreo de menor categoría e en caso de empate, prórroga e penaltis.

Os membros da Federación avanzaron que o sorteo, posiblemente se celebre o 17 de maio en Muros, lembrando aquela emotiva cita no Muíño do Pozo do Cachón de febreiro de 2020 dunha Copa que ao final non se puido executar pola pandemia.

A Federación sinalou que proximamente convocará aos clubs do FutFem tamén para preparar a competición copeira.

Copas da Costa Base

CUADRO SORTEO COPA DE A COSTA Xuvenil 2022

CUADRO SORTEO COPA DE A COSTA Cadete 2022 copia

CUADRO SORTEO COPA DE A COSTA Infantil 2022

Comentarios