FF: Goleadas de ida e volta para pechar unha temporada histórica
08:32 05/06/18
As Miúdas pecharon a súa primeira temporada da historia
Rematou esta histórica primeira temporada na que competían dous equipos femininos nas competicións federadas. Á presencia do Bergantiños uníase este curso o novo proxecto das Miúdas, e esta pasada fin de semana botaban o peche con sendas goleadas. Unha a favor e outra en contra, iso si.
O peche máis emotivo foi o das Miúdas, que caían con rotundidade no céspede natural do García Hermanas de Betanzos, pero que non empañaba, para nada, a 6ª praza conseguida polas 22 bravas muradás. Todo un orgullo o papel deste novo equipo na categoría, que remata con Bárbara, con 24 goles, como 7ª goleadora do seu grupo.
Na 8ª praza rematou o Bergantiños esta campaña, tras unha fantástica recta final, que deixa ademais a Tamara Cortiñas, a 3ª máxima goleadora do seu grupo con 31 goles.
2ª División, Grupo 2, xornada 26
- Resultado: Betanzos - Os Miúdos (7-0)
- As Miúdas: Yaiza, Paula, Gala, Isa, Martina, Laura, Antía, María, Marta, Bárbara e Pati. Tamén: Sara Cubelo, Julia, Natalia, Lucía e Iria.
2ª División, Grupo 1, xornada 30
- Resultado: Eirís - Bergantiños (1-6)
- Bergantiños: Lu, Eva (Fariña, m.60), Sabrina, Torrado, Paula, Lore, Noe, María, Isa (Lydia, m.65), Tamy e Cambón (Ale, m.50).
Crónicas da tempada do Fútbol Feminino
https://quepasanacosta.gal/ff-despedida-inmellorable-a-primeira-campana-miuda-da-historia/- Un sorriso e unha cara triste.
- Muradás e carballesas seguen sumando sorrisos.
- O Bergan volve gañar fóra de casa e as Miúdas tópanse ca pichichi.
- “Non estás soa”.
- Dúas vitorias para disfrutar.
- A falta de experienciaA falta de experiencia.
- A canonazos.
- O temporal puxérono as xogadoras do Bergantiños e das Miúdas.
- Loita na zona morna.
- Doble 3-0 e para casa.
- Sufrindo na adversidade.
- Peche a unha máis que satisfactoria primeira volta.
- A calidade esteirá.
- Sextas.
- Instaladas na zona morna da táboa.
- A primeira vitoria visitante das Miúdas dalles opcións a soñar.
- Partidazos con pouco premio.
- As Miúd@s xa saben golear.
- Vitoria moral das Guerreiras da Costa da Morte ante as líderes do Aguiño.
- As Miúd@s xa saben gañar.
- As Miúd@s e o Bergan comezaron a súa campaña na 2ª División Feminina.
Novas relacionadas
- Laura Torrado e Marta Calvo, subcampionas galegas coa Coruñesa sub15.
- As nais, unhas Miúdas máis.
- De tal Nai, tal Miúda.
- As Seleccións Coruñesas e Galegas, cheas de xogadoras costeiras.
- Tati, unha peza imprescindible na Selección Galega sub-18.
- Laura Torrado e Marta Calvo participaron coa Selección Coruñesa no Campionato Galego.
- Marta Calvo: Igualdade no Fútbol da Costa.
- O Eleuterio Balayo acolleu a estra das Miúdas na Festa dao Fútbol Feminino da Costa da Morte.
- 21 rapazas xa forman a familia das Miúdas amadriñada por Susú Cores e Vero Boquete.
- Arrincou con esperanza o proxecto dos equipo feminino dos Miúdos.
- Os Miúdos lanza a súa aposta polo Fútbol Feminino.
- O Combinado Feminino do Fútbol da Costa debutou en Buño.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).