Xoves. 25.04.2024
El tiempo

FSF: O Amarelle non puido disputar o seu encontro por un erro administrativo

O Fisober segue vencendo e xa alcanza ás líderes
AmarelleStaComba-Aranga_01
Amarelle e Aranga fixeron un adestramento conxunto para aproveitar a viaxe
FSF: O Amarelle non puido disputar o seu encontro por un erro administrativo

Non puido disputar o Amarelle Santa Comba o seu partido contra o CDX Aranga por un erro administrativo da Real Federación Galega de Fútbol. Así o sinala o club laranxa, que estando xa na pista os dous equipos, a RFGF comunicaba que por un erro non puido enviar colexiado. Certo que a cita estaba primeira sinalada para o domingo, pero de mutuo acordo debido que o Aranga non tiña xogadoras para o domingo, e con previo aviso ao ente federativo, os dous conxuntos puxeron o venres como nova data para a súa celebración. Así e todo, o partido quedou suspendido cos dous equipos, xa de curto, nas instalacións da Baña, pero as adestradoras decidiron aproveitar para facer un adestramento conxunto.

 

Preferente Galicia, xornada 11

  • Resultado: RIBEIRA FS LIEDERS – FISOBER FSF (0-1).
  • Fisober: Sharay, Patri, Paula Fandiño, Ana, Barca; tamén xogaron: Adriana, María Dumbría, Mai, Nuriña, Saray.
  • Gol: 0-1 min 5 Paula Fandiño.

Pola súa parte o Fisober si que disputaba a súa xornada no PM dos Deportes de Lugo. Foi un partido emocionante e igualado, que lle serviu ás costeiras para igualar na tábao ao líder Meigas que cedía os seus primeiros puntos caendo ante o Celanova na tarde do sábado. Ademais as de Fran Toba amplían a vantaxe sobre o Ribeira quinto clasificado é un rival moi potente coma local, proba diso era que aínda non caera na casa en toda a tempada incluso fora quen de golear ao potente Celanova.

Nunha primeira metade con dominio alterno o Fisober era o primeiro en pegar cun gol de Paula Fandiño que a postre foi decisivo e definitivo. O gol deulle confianza as visitantes para seguir moi atentas e cometer os mínimos erros posibles, ante unha locais que tamén intentaban dominar o xogo.

A volta dos vestiarios o Fisober deulle unha volta ao partido e despois do dominio alterno na primeira metade foron as costeiras as que impuxeron o seu xogo. Pero as ocasións non se traducían no ansiado gol que lle dera un pouco máis de tranquilidade as de negro, facendo protagonista a porteira local. Os minutos corrían pero nada mudaba no resultado. Cando se acercaba o fin do partido o Ribeira decidiu subir liñas e arriscar moito máis. Foi o momento das locais que buscaban cando menos salvar un punto e seguir invictas na casa. O Fisober tocoulle remar para salvar o resultado nestes últimos minutos. Incluso no último minuto unha aparición de Sharay para sacar unha moi clara ocasión local.

Así o Fisober acadou igualar ao Meigas nunha clasificación chea de emoción xa que no terceiro lugar aparece un Celanova a tan solo tres puntos e a cinco o Vilalba. A vindeira semana hai parón na Liga polo que o próximo partido será o finde do 10 e 11 de decembro coa visita o filial do Viaxes Amarelle a terras costeiras.

Novas do FUTFEM

Máis crónicas do FSF.

Comentarios