Domingo. 28.04.2024
El tiempo

FSF: O Fisober fai historia coa creación dun equipo Sénior Masculino

  • O equipo feminino segue no máis alto da tábao da Preferente Galicia tras sumar unha nova goleada
Fisober senior masculino 23-24
Primeiro Equipo Sénior Masculino do Fisober da historia
FSF: O Fisober fai historia coa creación dun equipo Sénior Masculino

Día histórico para o Fisober e para o Fútbol Sala da Costa, coa estrea no seu primeiro partido oficial do equipo senior masculino do Fisober FSF. Na Primeira Autonómica Masculina Senior no seu grupo 1 o Fisober visitaba o CD Concello de Monfero en partido disputado na mañá do sábado no PM O Xestal de Monfero en partido correspondente a primeira xornada de liga.

1ª Autonómica Masculina, xornada 1

  • Resultado: Fisober - CD Concello de Monfero (5-1)
  • Fisober: Víctor, Carlos, Álex, Javi, Iván; tamén xogaron: Álex, Adan, Suso, Mario.
  • Os goles foron obra de Álex e Javi en dúas ocasións e Iván.

Con vitoria nace este Fisober masculino, un equipo nado para dar saída os xogadores que acaban a súa idade en inferiores cheo de xogadores en idade xuvenil e con pouca experiencia que ten coma obxectivo seguir a competir.
A vindeira semana reciben o CD Composala, herdeiro do antiguo Santiago Futsal.

De feito, tamén xogaron os equipos de base, como o que disputa a División de Honra Cadete Masculina, na que o Fisober venceu por 1-6 ao SDCR Narón O Freixo cos tantos de Pablo Costa, Iago e Adrián en dúas ocasións cada un.
Primeiro triunfo a domicilio dos costeiros que suman seis puntos de nove posibles na máxima categoría, gran inicio de tempada para os de Ana Mouzo. A vindeira xornada o Fisober recibe ó ADC Lugo Sala Acasti Reformas.

LIGA AUTONÓMICA - PREFERENTE GALICIA xornada 3

  • Resultado: FISOBER FSF - RÚA VALDEORRAS (13-1).
  • FISOBER: Sharay, Patri, Paula Fandiño, Barca, Saray; tamén xogaron: Andrea, Myre, Nuriña, Adriana.
  • Goles: 1-0 min1 Barca, 2-0 min 1 Patri, 3-0 min 4 Adriana, 4-0 min 10 Barca, 5-0 min 13 Adriana, 6-0 min 14 Barca, 7-0 min 15 Andea, 8-0 min 16 Andrea, ( descanso), 8-1 min 22 Carolina, 9-1 min 25 Paula Fandiño, 10-1 min 30 Saray, 11-1 min 34 Myrella, 12-1 min 36 Barca, 13-1 min 37 Patri.
Myre co FCisober
Myre 

Despois de dous partidos a cara de can o Fisober saiu moi concentrado e marcou dous goles ó inicio que encarrilaron o encontro. Primeiro Barca e pouco despois Patri poñían en vantaxe as costeiras. Logo foi o turno de Adriana a que facía o gol, Barca de novo e Adriana outra vez poñían o seis a cero no electrónico.
Antes do tempo de lecer dous goles de Andrea poñían o oito a cero, por certo os seus primeiros goles trala volta o club. Con ese resultado chegouse o tempo de lecer.

A volta de vestiarios reducía diferenzas Carolina. Respostaban primeiro Paula Fandiño e despois Saray. O gol once para as costeiras era obra de Myrella, seu número fetiche por certo, no que era tamén o seu primeiro gol na súa volta ó club. Para pechar con goles de Barca e Patri antes do pitido final.

A vindeira xornada toca visita ó As Barxas Moaña FS.

Patri Romani co Fisober
Patri Romani co Fisober

MÁIS CRÓNICAS DO FSF.

OUTRAS NOVAS DO FUTFEM

Comentarios