Sábado. 28.03.2020
El tiempo

FSF: O Fisober, instalado na comodidade da Preferente

Adriana no Fisober-Salceda
Adriana no Fisober-Salceda
FSF: O Fisober, instalado na comodidade da Preferente

Segue sumando o equipo do Fisober, instalado na zona morna da Preferente Galicia- Liga Autonómica trala disputa da 19ª xornada. As de Fran Toba recibían no Conco ao EDM Salceda, e o empate matén a distancia de 6 puntos entre ambas.

Quedan 8 xornadas e equipo non corre perigo polo que poderán seguir disfrutando con tranquilidade o que resta de campaña.

Preferente Galicia, xornada 19

  • Resultado: FISOBER F.S.F. – E.D.M. SALCEDA (2-2).
  • Fisober: Lía, Paula Fandiño, Adriana, Saray, Mai; tamén xogaron: Kenny, Uxía, María Dumbría, Sharay, María Maroñas.
  • Goles: 0-1 min 1 Marta, 1-1 min 3 Paula Fandiño, 1-2 min 5 Bárbara, (descanso), 2-2 min 30 Adriana.

Lia porteira do Fisober
A meta Lía

Fisober e Salceda repetiron o empate da tempada pasada en Dumbría nun partido igualado. Non podían comezar peor as cousas para as costeiras xa que logo no primeiro minuto de partido a visitante Marta adiantaba as súas. Uns minutos despois cun lanzamento de falta poñía de novo a igualada Paula Fandiño. Pouco lle durou a ledicia as locais xa que de novo un roubo e unha contra facían que Bárbara puxera ao Salceda de novo por diante.
A primeira metade estaba a ser moi rara e así continuou. Foron pasando os minutos pero as locais non se sentían cómodas e as súas mellores ocasións viñan de faltas cercanas que non aproveitaban.

A volta dos vestiarios algo cambiou nas costeiras que saíron con máis gañas e coraxe. Comezaron a acumular ocasións as locais pero o gol da igualada non chegaba. Disparos dende tódalas posicións. Unha abafante presión acadaba que as xogadoras do Fisober dispuxeran de mans a mans ou dous para un pero seguían sen acertar. Ata que mediada esta segunda metade un lanzamento cruzado de Adriana poñía a igualada no marcador. As visitantes tamén tiñan ocasións a contra que desbarataba Lía. Os minutos pasaban e as costeiras buscaban o triunfo pero o electrónico xa non se moveu, e chegouse ao fin con reparto de puntos.

A Base

Infantil feminino do Fisober FSF
Equipo Infantil feminino do Fisober FSF

Ata catro partidos tiñan as categorías inferiores do Fisober este fin de semana. Para o sábado as femininas coma visitantes en A Coruña e para o domingo as masculinas coma locais en Dumbría.

Na terceira xornada da liguiña de Copa Autonómica infantil feminina o Fisober visitaba ao Viaxes Amarelle no P. Sagrada Familia herculino na tarde do sábado co resultado de 4-1 a prol das viaxeiras.

Logo deste e no mesmo escenario na terceira xornada da liguiña de Copa Autonómica Cadete feminina o Fisober visitaba tamén ao Viaxes Amarelle co resultado de 0-2 a prol das costeiras, cos tantos de Uxía e Lucía Martínez.

O domingo no Conco, abría a xornada na Primeira Galicia Infantil masculina e dentro da 17ª xornada o infantís para enfrontarse ao Esteo co resultado de 2-4 a prol do conxunto de As Pontes.
Logo deste era a xeira para o cadete dentro da 17ª xornada de liga na Primeira Galicia Cadete masculina para enfrontarse tamén ao Esteo co resultado de 2-7 a prol dos visitantes.

comentarios