FUTFEM: Botou a rodar o balón na 2ª División Feminina
Arrincou a temporada do FUTFEM na Costa da Morte co comezo da 2ª División Feminina. Co Bergan xa noutra galaxia, centraremos a atención nos 7 equipos costeiros da categoría gracias ao gran aumento de proxectos nesta temporada.
Unha irrupción que provocou cambios por exemplo en Cerqueda, onde apenas quedan 4 rapazas do ano pasado e forma un equipo moi renovado.
A xornada deixa unha sensación de desigualdade neste comezo de curso, con moitas goleadas, unhas en contra e outras a favor. Ollo co Cee e co Xallas que semella que veñen con forza.
2ª Div. Feminina, Gr.2, xornada 1
Abella - Ponteceso (8-0)
- Ponteceso: Maria, Berdeal, Myre, Ainhoa, Noe, Lauriña, Eva, Muíño, Mel, Andrea, Virginia. Tamén xogaron: Miriam, Lucía V., Manti, Silvia, Sabrina.
Arrincou a temporada para o Ponteceso de Curro, comezando o choque con moi respecto, e sufrindo a balón parado. Os 4 primeiros tantos chegaron deste modo nunha primeira metade desafortunada xa que as bergantiñás tiveron dúas lesións importantes na zaga (Ahinoa e Berdeal). Aínda tiveron opcións de abrir o taboleiro de goles pero un par de accións invalidadas impedírono.
Collen experiencia en calquera caso as costeiras ante un rival moito máis mallado como é o Abellá.
Brexo Lema - Cerqueda (15-0)
- Cerqueda: Paula Casal, Jimena, Lucía Rod., Uxía Casal, Mónica, Pauliña, Tati, Sonia, Raquel Pose, Vanesa e Inés. Tamén: Irene, Carla, Nuria e Mariña.
Duro inicio para un Cerqueda de Jorge Guillamet totalmente renovado. Foi o primeiro partido dun equipo que conta con todo nenas que se inician no fútbol quitando ás 3 capitás do equipo. O partido non tivo moita historia e foi un monólogo do equipo local onde se viu desde o primeiro momento unha gran superioridade.
Corme - Burgo (5-3)
- Corme: Belén; Ana, Aroa, Irene (Laura), Nati; Olalla, Lucía (Vero); Naroa, Anita, Carla; Julia.
- Goles: Goleadores, Naroa (3), Aroa e Julia.
Saíu moi nervioso o equipo de Rubén ante a premura da competición (arrincou apenas a segunda semana de agosto e aínda case non disputaran amistosos), comezando tendo moitos erros típicos na saída do balón, moi imprecisas e precipitadas. Pero a garra e a competitividade cormelá puido máis, e pouco a pouco, a base de actitude, foron collendo ritmo e superando a un equipo herculino que sempre quixo xogar ao fútbol.
Sempre por diante estiveron as cormelás, pero O Burgo conseguía empatar a 25 minutos final. Así e todo aparecía Naroa “a nova Killer do Cairo”, para matar o partido.
2ª Div. Feminina, Gr.4, xornada 1
Calo - As Miúdas (6-1)
- As Miúdas: Adriana, Alba, Marta Verán, Clara, Sofía, Saray, Marina, Marta Piñeiro, Laura, Paty e Bárbara. Tamén: Elba, Leti, Paula, Marcela e Ana.
Recupera o cadro das Miúdas xentes importantes como Gala, Marcela ou Bárbara, e o novo adestrador Luís "Lucho" conta con 22 fichas e ata 27 rapazas adestrando. Certo que moitas son cadetes, pero a falta experiencia compénsas coa calidade das novas incorporación.
Así e todo as muradás atopáronse cun equipo moi completo, moi renovado tamén con 8 altas procedentes do Villestro de Liga Nacional (que se desfico), e que este pode ser un dos candidatos ao ascenso. As costeiras xa comezaban perdendo con dous erros de marca en sendos corners e o marcador amosaxa xa un claro 0-4 e ao descanso. Sofía marcou o gol da honra no treito final tras outra hora de dominio local.
Nicrariense - Dumbría (4-5)
- Dumbría: Ana, Paula, Mai, Noa, Yaiza, Fandi, Kelly, Claudia, Sabela, Ainoa e María das Carizas. Tamén xogaron:: Lissette, Reyes, Yoly, Paula Rguez. e Sara.
Partido moi disputado o primeiro da historia deste Dumbría comandado por Fran Figueroa, con alternancias no marcador onde as de Negreira se adiantaron tras un libre tras mans da meta costeira. Pero María das Carizas faría o empate tras unha boa xogada en banda de Ainoa. Á media hora, a capitana Paula Fandiño lanzanba dende fóra para meter o 2-1 co que se iría ao descanso.
Empataba o Nicrariense pero de novo Fandi aproveitaba un arrastre de Claudia e Kelly coas centrales entraba na area para bater por baixo as nicrarienses. O 3-3 chegaría tras un penalti na salida dun córner onde María controla co hombreiro, moi protestado polas costeiras.
Tivo o Dumbría un penalti o seu favor, errado por Kelly no que o balón vai o traveseiro e cando Ainoa iba empuxar o balón á rede o colexiado para o encontro por estar a porteira local mancada polo rechace do balón. E no minuto 74 Mai aproveita un rechace tras un córner para adiantar novamente ás da Costa. E Ainoa remataría no minuto 80 un córner moi ben posto por Kelly para poñer distancias no marcador.
Así e todo as Locales non achantaron e aproveitarin unha nova indecisión na zaga local e recurtaron xa entradas no desconto.
Mazaricos - Xallas (0-9)
- Mazaricos: Pedrosa, Claudia, Valeria Peta, Fátima, Antía, Tamara, Silvia, Ánxela, Daniela, María Jirra e Natasha. Tamén xogaron Iria Buján, Paula, Iria de Beba, Valeria Romay e Araceli.
- Xallas: Rosio; Laura, Alicia, Rita e Andrea Otero; María, Luchy e Andrea Barbeira; Michelle, Olaya e Xastia. Tamén xogaron, Paula, Barcia, Inés, Leti e Yasmina.
O Xallas feminino levouse o derbi comarcal ante un Mazaricos moi nobre. O equipo de Rupper foi moi superior a un cadro amarelo dirixido por Borja Sueiro que aínda se ten que adaptar ás dimensións tras dous anos competindo en F8.
Xa aos 5 minutos Olaya, a goleadora da tarde con 4 tantos, abría o marcador As goleadoras foron Olaya, con 4 goles e con 1 Xastia, María, Inés, Laura e Michelle. Os balóns a espalda eran continuos e non soupemos interpretar o seu xogo. Antes do minuto 5 chegounos o primeiro mazazo e dende ese momento xa nn soupemos como confrontar o partido.
No cadro local, intentanron saír con balóns en longo a Jirra e Natasha pero só conseguían saír do propio campo coas laterais Antía e Claudia. A que tamén fixo un partidazo foi a porteira local Pedrosa.
O Xallas aproveitaba os roubos para ir marcando goles.
Vista Alegre - Cee (0-10)
- Cee: Noemí, Lucía Rod., Lucía Facal, Lucía Caamaño, Nerea, Lucía Canosa, Saray Duarte, Laura, Sharay Caamaño, Ruth e Lucía Martínez. Tamén: Andrea e Alba.
- Goles: Lucía Canosa (3), Lucía Marrínez (3), Nerea (3), Ruth.
Proxecto continuista o de Rafa coas Lucías ao poder e unha goleada para comezar a temporada.