O #FutFem chegou para quedar
Cando buscaba o outro día datos para falar da nosas Seleccións sub 12 e sub 15 atopei no media de todos os papeis as alineacións da que foi a primeira Final da Copa da Costa Feminina.
Un partido histórico, que se celebrou en Dumbría un 23-06 2019 no que xogaban o Bergan frente As Miudas de Muros. Unha festa do Fútbol, un día especial, único, onde as protagonistas e todos en xeral disfrutamos moitisimo desa final.
Foi un partido especial, pero…. cun sabor agridoce. Todos falabamos do paso adiante que dera o fútbol feminino na Costa, un paso xigante e con moita forza, como o estaba a facer por toda Galicia. O #FutFem chegaba á Costa para quedar pero só 2 equipos disputaron aquela final. Era os que había, (sen esquecer o traballo que levaban tempo facendo os Fran Pioto, Luigi, Ana Mouzo… na familia Fisober, ou o de Juan Jesús, Mon… na familia do desaparecido FSF Villa de Cee). Ese foi o único lunar daquela primeira cita copeira.
Xa pasaron casi 3 anos, coa pandemia polo medio que paralizou o mundo e, por suposto o fútbol, e o escenario que atopamos do Futbol feminino én totalmente diferente. O que non consegue o Fútbol da Costa non o consegue ninguén.
De 2, pasamos a 7 equipos, pandemia mediante. Cando todos pensabamos que o covid restaría presencia de equipos nas competicions, foi ao revés, medramos.
Actualmente, dos equipos que xogaron esa final, hoxe o Bergan é líder en 1ª División. As Miúdas, despois dun verán cun mar de dúdas, saíron a competir na 2ª División. Nesta categoría tamén se atopa o Cee, que o ano pasado gañaba a liga e quedaba ás portas do ascenso, e esta tempada as de Rafa seguen na mesma liña ocupando actualmente o 2º posto.
Tamén compiten outros dous equipos costeiros, máis nóveles, pero igual de competitivos. O Xallas de Rupper, que debuta na categoría; e o Cerqueda de Guillamet, que xa é o segundo ano que compite. Coa creación do equipo feminino tanto o equipo xalleiro como o malpicán refrendan así o bo traballo que fan no fútbol base e aportan máis oportunidades para disfrutar do deporte rei.
Despois temos o Mazaricos, onde cómpre salientar o fantástico traballo fai Borja Sueiro, que gracias ao proxecto álbum de cromos feminino tiven a oportunidade de coñecelo en profundidades. Só dicir que o Futbol necesita moita xente coma Borja.
Non podemos esquecer o Dumbría, que vén de arrincar a súa singradura neste mundo do Futfem da man de Fran Figueroa. Que mellor capitán se pode ter! Foi el un dos grandes promotores desta revolución dende Muros aló por 2017), e o que nos dixo que o fútbol feminino viña para quedarse. Aínda recordo o que dixo na gala do Fútbol da Costa 2018 ao recoller un premio, que a filla que levaba en brazos o quitara de traballar porque sería xogadora de futbol profesional. Oxalaaaaa!!!!!
Como vemos, o cambio é brutal. O Fútbol Feminino chegou, quedou como o refrenda o Álbum do Futfem Galego, ten forza e por suposto, a nosa queridísima Copa da Costa xa ten máis de dous equipos que a disputen.