Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Futfem: Outro derbi dos que fan afección

Dumbria_xallas-Fem 3
Imaxe do Dumbría - Xallas pitado por Vítor Recarei-Foto- Vet Dumbría
Futfem: Outro derbi dos que fan afección

A xornada puña o foco no Conco con outro primeiro e histórico derbi entre Dumbría e, desta volta, Xallas. Un fermoso choque dos que fan afección, demostrando o potencial do fútbol feminino costeiro.
A xornada polo Sur deixou tamén unha dura derrota do Cee ante un dos cocos, o Cacheiras, que suma partidos por vitorias.

Triple derrota polo norte, pero con gran sabor de boca. Corme e Ponteceso caeron dando unha fantástica imaxe ante dous dos cocos da categoría, e o Cerqueda, o único equipo que queda sen sumar da comarca, deixou moitas mellores sensacións que as pasadas semanas na súa derrota, pola mínima, en Ordes.

Ademais, o Corcubión comeza con forza a Liga de F7, con dúas vitorias en dous partidos.

2ª División, Gr. 2, xornada 5

Carral - Corme (3-1)

  • Corme: Ana (Aurora), Laura, Aroa (Irene), Lucía Olalla, Ana (María), Carla (Candela), Cris, Nati, Naroa.
  • Goles: 1-0, m.23; 1-1, m.43: Ana Suárez; 2-1, m.64; 3-1, m.73.

Pasouno mal un dos cocos do grupo norte, xunto con Pastoriza e Meicende, ante o Corme de Rubén Souto. As locais sempre propoñen un fútbol san e noble, e o Corme soubo defenderse ben e trenzar boas xogadas, tendo moi bos momentos de fútbol. O partido marchou igualado ao descanso, tras anular preto do descanso Ana Suárez o gol das locais.

Na segunda estiraron as locais, e se colocaban por diante cun tanto de falta directa e pouco despois de disparo lonxano. Así e todo, Rubén e Gini fican moi content@s coas súas, que empezan a xogar ao que saben.

Meicende - Ponteceso (4-1)

Ponteceso Feminino 11

  • Ponteceso: María Lema, Lauriña, Lucía, Andrea Varela, Eva, Andrea Rod., Myrella, Ainhoa, Sabrina, Miriam e Silvia. Tamén: Noe Blanco, Lucía Vila, Saray, Noe Martínez e Laura Amado.
  • Goles: 1-0, m.13; 2-0, m.40; 2-1, m.41: Andrea Varela; 3-1, m.74; 4-1, m.84.

Chegaban as da vila de Pondal coa moral alta o enfrentamento cas líderes trala vitoria da semana anterior e vaia se se fixo notar. As costeiras fixeron partidazo e vendendo cara a derrota en todo momento, e as locais non sentenciaron ata o último cuarto de hora.

A primeira metade foi un partido de ida e volta constante xa que o vento en contra perxudicaba ás pontecesás e o Meicende sacou partido disto aproveitandoo a balón parado onde chegaría o primeiro tanto local no cuarto de hora de partido. As de Curro tiveron varias contras nas que a porteira local e a defensa evitaron o empate. Xa case chegando o tempo de lecer o Meicende marcaría o segundo tanto nun disparo lonxano no que pouco poido facer unha sensacional María na que estivo moi acertada durante toda a tarde.

Sen baixar os brazos e sen nada que perder as pondalianas forónse arriba e froito de unha boa xogada combinativa de todo o conxunto, Andrea remataria a gol o centro de Lauriña deixando o marcador nun 2 a 1 no descanso.

Na segunda metade un espectacular Ponteceso puxo en todo momento contra as cordas ás líderes incluso tendo un córner a favor na que unha zagueira local sacaría o empate baixo paus. O partido estaba bonito pero nunha xogada discutida no 75’ por un posible fóra de xogo, as pontecesáns encaixarían o 3 a 1. Xa con todo arriba e buscando o empate encaixarían o cuarto e definitivo gol da tarde. En calquera caso, impresionate esforzo e mellora de todo o conxunto.

Ponteceso SD Feminino post

Órdenes - Cerqueda (3-2)

  • Cerqueda: Paula, Jimena, Lucía, Pauliña, Tati, Irene, Sonia, Raquel, Nuria, Inés e Mariña. Tamén: Mónica, Vanesa e Carla.
  • Goles: 1-0, m.17; 2-0, m.52: de penalti; 2-1, m.78: Pauliña de falta directa; 3-1, m.85; 3-2, m.89: Pauliña.

Partido disputado no Anexo de Vista Alegre de Ordenes, que se desenvolveu con dominio do equipo local desde o inicio do partido. O Cerqueda trataba de buscar as contras, e de feito tiña un par de ocasións no primeiro treito do partido. Pero eran as locais as que abrían o marcador pola banda dereita. A partir de aí as locais dominaron máis o tempo do partido pero sen ocasións claras.

Foi a raíz do 2-0 á volta do descanso cando o partido empeza a cambiar un pouco. O Cerqueda melloraba na faceta ofensiva, creando unha maior incerteza na zaga local. Pauliña asinaba un gol de falta directa a 5 metros da área do local, metendo ás súas no partido. Quedaban 15 minutos tolos, de ida e volta. A propia Paula, nunha xogada individual provocaba unha posible cesión que o colexiado non sinalou como libre indirecto, e na contra as locais marcaban o que parecía a sentenza. Pero erguéronse de novo as cerquedás e noutro arreón volvían recurtar nunha boa transición ofensiva. Restaba o desconto, e as costeiras asexaron a área local, con varios córners e faltas laterais que a piques estiveron de signficar o primeiro punto para as dos Jorge e Guillermo Guillamet.

2ª División, Gr. 2, xornada 5

Dumbría - Xallas (3-3)

  • Dumbría: Lissette, Noa, Carril, Eva, Martina, Mai, Kelly, María das Carisas, Fandi, Claudia e Sabela. Tamén xogaron: Ainoa, Reyes, Yoli, Serena e Sara.
  • Xallas: Rosio; Laura, Rita, Saskia, Alicia; Andrea Otero, Michelle, Luchy, María; Yasmina e Olalla. Tamén xogaron, Paula Barcia, Maite, Inés, Andrea Barbeira e Yaiza.
  • Goles: 1-0, m.42: Kelly, tras un bo roubo de Mai; 2-0, m.63: Ainoa de cabeza a un córner botado por Fandi; 2-1, m.64: Paula; 2-2, m.66: Yas; 2-3, m.83: Olalla de penalti; 3-3, m.90: Ainoa.
Dumbria_xallas-Fem
Foto: Vet. Dumbría

Partidazo o vivido no Conco, cunha boa espectación, no primeiro derbi entre estes dous clubs históricos. Chegaba o Xallas no alto da táboa, con 4 de 4, e ofrecía un partido con alternativas no marcador e no xogo. A primeira metade foi de claro dominio local. Kelly, Fandi, María das Carisas, Martina e Eva dispuxeron de ocasións claras para bater a Rosío, pero só a primeira, Kelly, puido abrir a renda cando se albiscaba o descanso.

Viraron as tornas na segunda. As de Rupper metían unha marcha máis, facendo recuar ás de Fran Figueroa, que tiñan que poñer o mono de traballo e poñerse a achicar balóns. E cando mellor estaban as xalleiras, Ainoa facía o segundo á saída dun córner. O Xallas fiel o seu estilo non se veu abaixo e seguíu apretando e percutindo, ata conseguir remontar o partido. Primeiro aproveitaba Paula unha indecisión entre Lissette e Carril apenas un minuto despois do gol de Ainoa. Aos 2 minutos, tras unha transición provocada por un mal rexeite, Yasmina encarou soa a Lissete e puxo as táboas merecidas pola insistencia das líderes. E ainda rubricarían a remontada tras un claro penalti nunha saída da gardameta dumbriesa que convirteu Olalla no minuto 83.

Parecía estar todo o peixe vendido, pero as locais negáronse a deixar marchar os 3 puntos do seu feudo e tiraron dese xenio que veñen demostrando. E tras un bo balance defensivo, Eva pon un balón en longo para que Ainoa cun control orientado entre central e lateral marcha en velocidade e bata por baixo a Rosío no minuto 92 poñendo finalmente un resultado que refrenda o visto en 2 metades moi diferenciadas onde ambos equipos lamentan a falta de acerto nas ocasións das que dispuxeron.

A nota triste deste bonito encontro foi a lesión de Michelle mediada a 1ª parte no seu xeonllo esquerdo na disputa dun balón.

Dumbria_xallas-Fem 2
Foto: Vet. Dumbría

Nicrariariense - As Miúdas (0-9)

  • As Miúdas: Siaba, Mariña, Paula, Clara, Sofía, Marta, Leti, Saray, Bárbara, Laura, Pati. Tamén: Elba, Ximena, Alba, Noa e Ana.
  • Goles: Pati (5) e Laura (4).

Con 11 xogadoras, algunhas tocadas, (e 0 puntos), se presentaba o cadro de Negreira no Cepelo. Así que o partido viña de cara para as de Lucho, que foron superiores en todo momento.

Cacheiras - Cee (3-0)

  • Cee: Noemí, Lucía Rod., Ruth, Alba, Nerea, Lucía Canosa, Lucía Caamaño, María Lijó, Sharay Caamaño, Andrea e Lucía Martínez. Tamén: Lucía Facal, Laura e Nayara.
  • Goles: 1-0, m.5: Raiane; 2-0, m.61: Carla; 3-0, m.64: Carla.

A Cañoteira pasa por ser este curso un dos campos máis complicados da categoría. O Cacheiras segue implacable, sumando 5 de 5 e apenas 3 goles encaixados. E así o demostraron ante un Cee que pasa por ser tamén un dos equipos favoritos, pero ao que esta semana lle tocou sufrir, tralo parón e tras xogar varias xornadas con equipos menos potentes, ademais de contar con dúas baixas importantes.

Saíron durmidas as de Rafa, e xa aos poucos minutos sufrían o primeiro golpe en forma de gol local. Comezaron a carburar e conseguían facerse co domingo do partido, tendo mesmo varias ocasións, e protestando varios foras de xogo dubidosos.
No comezo da segunda seguían mellor as ceenses, pero un tanto (en posible fóra de xogo) foi demasiada lousa para as costeiras, que se viñeron abaixo e encaixaron, de seguido o terceiro.
Non mereceron tan ampla derrota as ceenses que, en calquera caso, saben por onde teñen que mellorar.

Mazaricos - Praíña (0-3)

  • Mazaricos: Pedrosa, Claudia, Saray, Fátima, Antía, Tamara, Lúa, Ánxela, Tajes, Daniela, Jirra. Tamén xogaron: Raquel, Iria Buján, Silvia, Paula e Leire.
  • Goles: 0-1, m.30: Silvia Maxi; 0-2, m.73: Carla; 0-3, m.90: Vanesa.

Partido que comezou con moita igualdade, contra un rival coas ideas claras. Na primeira parte as visitantes foron as donas da posesión pero sen crear apenas ocasións e sen sensación de perigo. As de Borja Sueiro tiveron a mala fortuna dun gol nun tiro pouco perigoso que bateu nunha xogadora local e cambiou a dirección da bola.

Na segunda parte as amarelas saíron moito máis enchufadas, tendo a posesión do balón e xogando os primeiros 30 minutos en campo contrario cun medio campo moi forte gracias ao labor de Ánxela, Tamara e Lúa. Aínda así non deu para xerar ocasións perigosas e nun despexe as visitantes conseguen un man a man que Pedrosa case consegue parar. Xusto despois Silvia ameaza dende fóra pero preto do final marcan a sentenza cun gol pola escuadra.

Liga F7, Gr. A Coruña A, xornada 3

Corcubión - Pastoriza (2-0)

Corcubion fem x1

  • Corcubión: Elena, Vivi, Elisa Lema, Noa, Ana, Cubelo e Carla Lema. Tamén xogaron: Andrea, Adriana, Marta Santiago e Maruxa.
  • Goles: 1-0, m.30: Cubelo; 2-0, m.34: Noa.

O UD Corcubión Feminino, recén formado este ano, comezaba a fin de semana pasada a Liga de F7 con forza. Esta mañá de domingo disputaba o segundo partido de liga e lograba a súa segunda vitoria, estreándose en casa e rodeándose dunha entusiasta afección que en todo momento apoiou ao equipo local.

Aínda que as corcubionesas tiveron varias ocasións ao longo do partido, o primeiro gol fíxose esperar. Foi na segunda parte cando Cubelo estreou o marcador. Pouco despois era Noa a que marcaba o segundo tanto.

A Tribuna FUTFEM

Máis crónicas do #FUTFEM

Táboa do Gr.2 da 2 Div.- Fem

Táboa do Gr.4 da 2 Div.- Fem

Comentarios