Xoves. 28.03.2024
El tiempo

FUTFEM: Frenazo do Cee ante o Calo

As Miudas x12 2023
As Miúdas métense de cheo na loita pola promoción
FUTFEM: Frenazo do Cee ante o Calo

Non puido o Cee achegarse ao liderato e mesmo permitir que o Xallas subise ao primeiro escalafon da táboa. Pero o Calo bateu cun cadro costeiro que chegaba con moitas baixas, e que permite aos teenses manterse líder, con 1 punto de vantaxe sobre o Xallas de Rupper (sumaba a súa 5ª vitoria seguida), e 6 sobre o propio Cee. A vindeira semana, o líder visitará o municipal de Fontenla, nun choque qie servirá para dilucidar o campión da primeira volta.
Volve meterse de cheo na loita pola promoción o Dumbría, e tamén o fan As Miúdas, a apenas 4 das ceenses e 2 das dumbriesas, que marcan a promoción.

Mentres, polo norte, poucas novidades. Ponteceso e Corme seguen sumando contra os equipos da zona baixa, ao tempo que o Cerqueda mellora cada xornada e aínda poderá pelexar pola salvación ante un Xuv. Credes que só lle saca 3 puntos.

2ª División, Gr.2, xornada 12

Curtis - Ponteceso (0-6)

11 do Ponteceso 2023

  • Ponteceso: María, Andrea Varela, Eva, Muíño, Myre, Ainhoa, Lara, Noe, Sabri, Miri e Silvia. Tamén: Alba, Lucía, Mirian, Laura Rod. Virgi.
  • Goles: 0-1, m.5: Andrea; 0-2, m.8: Silvia a centro de Andrea; 0-3, m.12: Muíño; 0-4, m.28: Andrea de penalti; 0-5, m.53: Andrea; 0-6, m.72: Muíño.

Capis do Curtis e do Ponteceso 2023

Non fallou o Ponteceso de Curro ante as pechacancelas, e pronto abría a lata Andrea grazas a un pase ás costas das centrais por parte da “todoterreo” Muíño. Sen tempo a unha posible reacción local seguirían coa presión alta, tres minutos despois chegaría o gol de Silvia a centro de Andrea tras unha moi boa xogada colectiva, e o terceiro de Muíño cun golazo de vaselina.

O partido xa quedaba sentenciado e o partido na segunda controlaron e permitiron que a killer Andrea fixese un triplete.

Ponteceso feminino celebrando

Corme - Cerqueda (8-1)

  • Corme: Belén; Lucia (Ana), Aroa, Irene, Vero (Aurora); Olalla, Carla, Nati (Cecilia), Cris (Carla Vázquez), Naroa e María (Julia).
  • Cerqueda: Paula Casal, Jimena, Lucía Rod., Uxía Casal, Mónica, Pauliña Veiga, Irene, Vanesa, Inés, Mariña e Isabel. Tamén: Tati, Sonia, Carla Fondo e Carla Varela.
  • Goles: Olalla, Aroa, Carla, Cristina, Julia e Naroa (3) para o Corme; Pauliña Veiga para o Cerqueda.
Partido onde se viu un mellorado Cerqueda nas mans do novo presidente Dani Reixía, tanto tacticamente como a nivel de confianza das rapazas, pero no que as cormelás demostraron o seu potencial arriba. Cómpre destacar o debut de Carla Vázquez nas filas das de Rubén Souto e os minutos da infantil Cecilia.

 

2ª División, Gr.4, xornada 12

Mazaricos - Cacheiras (0-3)

Plantel do Mazaricos feminino 2023
  • Mazaricos: Pedrosa, Claudia, Valeria Gascó, Fátima, Antía, Tamara, Silvia, Lúa, Natasha, Ánxela e Jirra. Tamén xogaron: Daniela, Buján, Tajes e Antelo.

Partida moi disputado ante unha das favoritas, nunha primeira parte na que o Cacheiras intentaba dominar o centro do campo pero Silvia, Tamara e Lúa estiveron moi ordeadas durante todo este tempo impedindo a circulación da bóla e evitando que progresara o Cacheiras. Poucas ocasións por parte de ambos equipos, a máis clara unha cesión feita a súa porteira que non conseguen materializar as de Borja Sueiro, e un tiro cruzado que Pedrosa desvía sen problemas.

Na segunda parte comezou moito mellor o Cacheiras poñéndose por diante nun despiste nun saque de banda. Aínda así, conseguían repoñerse as amarelas e Tamara e Jirra tiveron un 2 para 1 que non conseguiron rematar. O Cacheiras seguía tendo ocasións e ata 3 paradas salvadoras fixo Pedrosa. Pero pouco poido facer en dous mans a mans para poñer ó marcador final de 0-3.
”Gran traballo de todo o equipo, sobre todo na primeira parte, este é o camiño a seguir”, valora o míster.

Rois - As Miúdas (0-1)

  • As Miúdas: Adriana, Claudia, Marta Piñeiro, Ximena, Marta Verán, Clara, Leti, Saray, Gala, Pati e Bárbara. Tamén; Elba, Alba, Marina e Sofía.
  • Goles: 0-1, m.11: Marta Verán.

Non xogaron nada ben as de Lucho na primeira metade ante un dos equipos de abaixo, que estivo moi igualada a pesar do gol da capitana Marta Verán, que ademais volvía tras unha importante lesión importante no xeonllo.

Dominaron máis na segunda as costeiras, pero sen claridade nos últimos metros.

Calo - Cee (5-1)

  • Cee: Noemí, Lucía Rod., Sabela, Alba, Nerea, laura, Lucía Caamaño, María Lijó, Antía, Adnrea e Lucía Martínez. Tamén: Nayara.
  • Goles: 1-0, m.2; 2-0, m.11; 3-0, m.23: 3-1, m.30: Andrea; 4-1, m.84; 5-1, m.90.

Pinchazo do Cee ante o líder, nun partido ao que chegaron as de Rafa con moitas baixas, case sen cambios e mesmo con xogadoras tocadas. Así e todo comezaron dominando as costeiras, pero a medida moi pronto cometeron dous erros imperdoables que as locais non desperdiciaron para poñerse por diante.

Andrea recurtaba antes do descanso e á volta dos vestiarios as ceenses tiveron varias ocasións para meterse no partido pero unhas a madeira e outras a porteira local impedírono. Os folgos foron caendo e o cadro local sentenciou no treito final.

En calquera caso, as costeiras son conscientes de que con todo o equipo poden gañarlle perfectamente ao líder.

Praíña - Xallas (1-10)

  • Xallas: Rosio; Laura, Alicia, Saskia, Andrea Otero; María, Luchy, Andrea Barbeira; Olalla, Paula Barcia e Yasmina. Tamén xogaron: Maite, Claudia, Yaiza, Leti e Inés.
  • Goles: Paula Barcia, Saskia, Olalla (4), Yasmina (4).

Partido no que as xalleiras saíron con toda a intención de poder levar os tres puntos para non perder distancia co líder Calo. E así foi como un Xallas moi ben estruturado e impóndose en cada centímetro do campo que non dou ningunha facilidade o equipo do Praiña Sporting de Teo. Cinco goles na primeira parte o primeiro de Paula Barcia, e outros tantos na segunda cerrando o marcador Saskia, entre medias as goleadoras Olalla e Yasmina facían un póker de goles cada unha, o segundo consecutivo da de Barbeira...

Vista Alegre - Dumbría (0-4)

  • Dumbría: Naira, Noa, Serena, Carril, Mai, Fandi, María das Carisas, Sabela, Ainoa, Reyes e Juliette. Tamén xogaron: Lissette, Martina, Paula, Icía e Sara.
  • Goles: Goles: 0-1, m.25: Fandi dende a frontal; 0-2, m.48: Maria das Carisas aproveitando un balón dividido; 0-3, m.55: Ainoa tras bonito pase en profundidade de Reyes; 0-4, m.72: Fandi nun córner.

Visitaron as nosas o bonito campo de Santa Isabel nun encontro condicionado polo frío que non permiteu ver bo fútbol por parte de ningún dos dous conxuntos. O dominio do balón e das ocasións era para as visitantes, numerosos saques de curruncho que non atopaban rematadora, a única que atopou a rede foi a capitana Fandi de forte disparo dende a frontal tras desfacerse da sua marca. Terían tamén nos pes de María das Carisas un libre directo que saleu preto da escadra e noutra parecida que petou no traveseiro tras tiro de Fandi.

Saíron algo máis entonadas no reinicio as costeiras que pronto meterían distancia, ante unhas locais que apenas chegaron unha vez á meta de Lissete, que mantiña a porta a certo.

 

Liga F7, Coruña, Gr.A, xornada 8

Eirís B - Corcubión (0-2)

  • Corcubión: Elena, Vivi, Adriana, Cubelo, Cris, Alexandra, María. Suplentes: Marta Lavandeira, Claudia, Carla Lema e Andrea.
  • Goles: 1-0, m.17: Crisa Rojas; 2-0, m.22: Alexandra Rojo.

O UD Corcubión volvía a sumar outros tres puntos no seu encontro deste domingo contra o Eirís SD B. Pese a que as enfermidades típicas do inverno provocaron a ausencia de varias xogadoras do equipo, as corcubionesas acudiron á Torre en busca dun resultado que lles permitise seguir no liderato.
Era difícil para o equipo visitante atopar un oco entre unhas rivais moi pechadas na súa portería e que intentaban, de todas as formas posibles, evitar o gol contrario.

Os dous tantos foron na primeira parte, na que ambas xogadoras, Cris Rojas e Alexandra Lojo, se estreaban como goleadoras en liga. Destacar a parada de Cubelo sobre a liña, cun despexe que evitaba un perigoso gol que puido ter cambiado as tornas do partido.

 

Máis novas do FUTFEM

MÁIS CRÓNICAS DO #FUTFEM

TÁBOA DO GR.2 DA 2 DIV.- FEM

TÁBOA DO GR.4 DA 2 DIV.- FEM

Comentarios