FUTFEM: O Mazaricos xa sabe gañar

O Mazaricos retrasaba a xornada 4 para esta pasada fin de semana. E saíulle ben a xogada, pois a pesar do sufrimento, gracias a un grn esforzo, conseguiron a recompensa que merecían en forma da primeira vitoria da tempada.
CD Rois - Mazaricos (0-1)
- Mazaricos: Pedrosa, Ainara, Fátima, Saray, Claudia, Tamara, Iria Buján, Lúa, Natasha, Ánxela e María Senra. Tamén: Araceli, Leire, Silvia, Daniela, María Tajes.
- Gol: 0-1, m.10: Ánxela a centro de Natasha.
Partido moi competido onde as de Borja saíron máis concentradas e marcaban aos 10 minutos, logo dun centro lateral de Natasha que Ánxela consegue enviar ao fondo da rede e facer así o primeiro gol en fútbol 11. A partir de aquí o partido seguiu igualado, con moi poucas ocasións pero as amarelas defendendo moi ben e esperando saír ás contras, e sempre dominando o centro do campo, con Jirra, Natsha e Ánxela moito máis rápidas que elas por banda.
A segunda parte foi de alternativas. As costeiras puideron marcar o segundo con un tiro de Daniela dende dentro da área ou con 3 ocasións de Jirra, pero non conseguían materializar e nos últimos 10 minutos tocou sufrindo, e defendendo na propia área.
A Tribuna FUTFEM
- 20-10-2022: A Tribuna FUTFEM: Vitorias e derrotas nesta 2ª Futfem que van deixando as cousas claras.
- 14-10-2022: A Tribuna Futfem: Rutinas de fin de semana e algunha polémica..
- 07-10-2022: Regresou o Fútbol Feminino á Costa, con máis forza ca nunca.