Xoves. 28.05.2020
El tiempo

Xornadas de FutFem na rede

Xornadas de FutFem na rede

Este luns ás 15:00h teremos a Suso da Torriña nos directos de instagram de @quepasanacosta.

Pero ademais, o martes 28 haberá unha nova cita na Canle de Youtube da RFGF. Esta volta será as 19:30 arredor do fútbol feminino con tres profesionais de primeiro nivel: Toña Is, María Pry e Manu Sánchez.

María Antonia Is Piñera (Oviedo, 1966), coñecida como Toña Is, é toda unha pioneira no fútbol feminino. Como futbolista colgouse a medalla de bronce na Eurocopa de 1997, máxima distinción conseguida pola Selección Feminina. Tras a súa retirada, pasouse aos bancos, onde en 2015 converteuse na primeira seleccionadora en España e en 2018 gañou o Mundial Sub-17, único que hai nas vitrinas do fútbol feminino español.

María del Mar Fernández Montero (Sevilla, 1984), coñecida futbolísticamente como María Pry, é a única muller que lidera o corpo técnico dun club da Liga Iberdrola tras a destitución de Irene Ferreras no Valencia.

Manu Sánchez declárase deportivista ata a medula "desde que ten uso de razón". Debutou como porteiro aos 6 anos e levaba máis de 10 adestrando ao equipo feminino Orzán, xerme do Dépor Abanca. En só tres anos guiou ao Deportivo Abanca, a sección feminina do Dépor, directo á Primeira División.

comentarios