Mércores. 24.04.2024
El tiempo

FUTFEM: Xallas, Cee e Dumbría pegan un estirón

Xallas-Mazaricos feminino-foto-Luis Gonzalez 2
Xallas-Mazaricos feminino-foto-Luis Gonzalez 2
FUTFEM: Xallas, Cee e Dumbría pegan un estirón

Despois de coñecer a gran nova da estrea das Seleccións da Costa femininas de base, analizamos como a xornada dos nosos equipos sénior.

Fermosa festa deportiva a que se viviu no derbi da montaña en Fontenla, onde o Xallas non deu lugar á sorpresa e sumou 3 puntos para manterse no alto da táboa, seguidas dun Calo que arrasou ás Miúdas. Unhas Miúdas que se descolgan da loita por entrar entre as 5 primeiras, despois de que Cee e Dumbría non fallasen nos seus partidos.

Polo Norte, a melloría dos Corme e Ponteceso faise patente e se o Ponteceso deixou vivas ás 3ª clasificadas, o Corme sumou outro puntiño ante un equipo da zona morna.

Ademais, na Liga de F7, o Corcubión deixábase un puntiño na casa ante o Paiosaco o que deixa ás de Rubén Castillo na 3ª praza, a só 2 do líder Marte, e empatadas co Relámpago.

 

2ª División, Gr.2, xornada 14

Ponteceso - Abellá (1-2)

11 do Ponteceso Feminino

  • Ponteceso: Colores, Laura Ramos, Muíño, Eva, Myrella, Ahinoa, Lara, Noe, Laura Berdeal, Silvia. Tamén: Lucía Vila, Saray, Manti, Laura Rod. e Virgi.
  • Goles: 0-1, m.50; 0-2, m.55; 1-2, m.70: Alba.

Ponteceso-Abella

Competiu moi ben o cadro de Curro ante as terceiras clasificadas, o que dá conta da súa melloría. Comezaba o encontro co cadro visitante mandando co balón, pero sen apenas conseguir chegar a porta de Colores. Serían as pontecesáns as primeiras que poideron abrir a lata cunha boa xogada trenzada dende campo propio e na que a killer Andrea centraría e na que remataría Lauriña e o balón saíria rebotado do pao dereito.
Terían as visitantes as ocasións máis claras ao fío do descanso a través dun balón parado na frontal na que tería que lucirse a meta Colores e a través de varios saques de curruncho no que estarían moi atinadas as defensoras do ponteceso despexando o perigo .

Na reanudacción farían varios trocos as visitantes e aproveitarían para subir as liñas de presión e modificar o esquema. Sufrían as locais para poder saír do seu propio terreo de xogo e no que no 50' un bo pase a espaldas das centrais lle serviría ao Abellá para abrir o marcador. Sen tempo ainda asumir primeiro gol chegaría o 0 a 2 tras varios rexeites de córner no que nada poido facer a meta Colores.

Daríalle Curro entrada a Manti, Virginia e Lucivili para refrescar o equipo e pronto se verían os froitos xa que en unha falta sacada dende tres cuartos de campo por Muíño permitirialle quedar a kaiser Myrella nun man a man ante a meta visitante Alba e que definiría perfectamente a gol.
Intentou meter na súa área a todo un Abellá, e mesmo tivo ocasións claras para facer o empate, por medio de Lauriña, Muñiño e Eva, pero o balón non quixo entrar.

Cerqueda - Brexo Lema (0-7)

  • Cerqueda: Paula Casal, Jimena, Lucía Rod., Uxía Casal, Mónica, Pauliña Veiga, Tati, Irene, Raquel, Inés e Mariña. Tamén: SoniaVanesa, Carla, Lorena e Isa.

Empezaron moi serias, sen conceder facilidades ao rival, ás de Dani Reixía, ata o minuto 20, cando unha páxara permitiu que as visitantes marcasen ata 5 goles en 15 minutos.
Na segunda melloraron en defensa, e mesmo chegaron a área rival ás cerquedás,

Sp. Burgo - Corme (2-2)

  • Corme: Belén; Ana (Aurora), Laura, Aroa, Vero; Naroa, Irene, Carla, Natalia, Cris; María (Julia).
  • Goles: 0-1, m.51: Naroa; 1-1, m.78; 1-2, m.80: Maria; 2-2, m.88.

Partido moi igualado, con baixas moi importantes para as de Rubén Souto (entre elas, as dúas capitanas), pero aínda así, sempre saen a pola vitoria, sen especular e valentes: a identidade deste vestuario. Así, as cormeláns adiantáronse en dúas ocasións, pero regalaron dous puntos sobre a bocina.

Tras unha primeira metade de tanteo, meteu a goleadora Naroa. O Burgo apretou e logrou empatar, pero as costeiras reaccionaron rápido e de contado María meteunas de novo por diante. Tivo a sentencia a 5 do final Carla, un tiro lonxano que a porteira local paraba, para as costeiras, dentro da portería. O colexiado non concedeu o gol e pouco despois as herculinas empataban o choque.

 

2ª División, Gr.4, xornada 14

Xallas - Mazaricos (4-0)

11 do Xallas en Fontenla-foto-Luis Gonzalez
11 do Xallas en Fontenla-foto-Luis Gonzalez
  • Xallas: Rosio; Laura, Alicia, Saskia, Andrea Otero; María, Luchy, Andrea Barbeira; Olalla, Paula Barcia e Yasmina. Tamén xogaron: Maite, Claudia, Yaiza, Nuria e Rita.
11 do Mazaricos feminino en Fontenla-foto-Luis Gonzalez
11 do Mazaricos feminino en Fontenla-foto-Luis Gonzalez
  • Mazaricos: Pedrosa, Claudia, Silvia, Valeria Peta, Antía, Tamara, Fátima, Lúa, Daniela, Ánxela e Jirra. Tamén xogaron: Tajes, Saray, Leire, Buján e Antelo.
  • Goles: 1-0, m.1: Olalla; 2-0, m.15: Andrea Otero de penalti; 3-0, m.41: Yasmina; 4-0, m.80: Mery.
Xallas-Mazaricos feminino-foto-Luis Gonzalez
Foto-Luis Gonzalez

Comezaron durmidas as amarelas, e contra as líderes págase caro. Corría o primeiro minuto cando Olalla xa demostraba que, moi amigas si, pero non habería contemplacións sobre o céspede de Fontenla. Reaccionou o cadro de Borja e foi presionar máis arriba, tendo mesmo algunha ocasión tras roubo en campo contrario. Pero o Xallas dominaba e seguía chegando coas súas extremas, e nunha aproximación, conseguía un penalti para ampliar a renda. Xa rematando a primeira parte outra internada de Yasmina, que se desfai de ata 4 defensas nosas, finaliza en no 3-0.

Na segunda parte o ritmo do partido baixou, con poucas chegadas ás dúas áreas e só Mery facía o último gol dende fóra da área cunha gran volea.

As Muúdas - Calo (0-5)

  • As Miúdas: Adriana, Alba, Marta Verán, Ximena, Gala, Saray, Leti, Clara, Marta Piñeiro, Paula e Sofía. Tamén: Uxía, Bárbara, Pati e Ana.

Partido de principio a fin dominado polo Calo, cun cadro muradán que apenas saíu do seu propio campo a un equipo que xoga moi ben ao fútbol. Aguantou con 0-2 ao descanso pero nada máis comezar a segunda metade as visitantes xa sentenciaron con dous tantos máis.

Así e todo, as de Lucho pelexaron ata o final, foron deportivas e aprenderon moito.

Cee - Vista Alegre (5-0)

  • Cee: Noemí, Lucía Rod. Lucía Facal, Alba, Nerea, Saray Duarte, Antía, Sharay Caamaño, Andrea, Lucía Martínez e Laura. Tamén: Ruth, Sabela Corbelle, Sabela Abel, e Nayara.
  • Goles: 1-0, m.46: Sharay Caamaño; 2-0,m .47: Lucía martínz; 3-0, m.50: Lucía Martínez; 4-0, m.61: Andrea; 5-0, m.72: Ruth.

Partido no que a superioridade foi maior que o que reflexa o resultado pero a falta de acerto de cara a gol e un gran partido da porteira rival evitou un resultado máis abultado.

Xa na primeira parte o dominio foi absoluto pero nin Nerea en tres ocasións, nin Lucía Martínez en dúas estiveron atinadas e chegouse ó descanso sen goles. Pero nada máis saír dos vestarios, e cunha marcha máis, comezaron a chegar os goles. Sharay Caamaño marcou aos 30 segundos, e de contado Lucía Martínez facía dous máis, co mesmo selo. Andrea e Ruth cerraron o marcador.

Dumbría - Nicrariense (8-0)

Dumbria Feminino no Conco

  • Dumbría: Lía, Icía, Carril, Noa, Mai, Fandi, Eva, Claudia, Kelly, Sabela e María das Carisas. Tamén: Lissette, Serena, Juliette, Lucía e Sara.
  • Goles: Kelly (3), Sabela, María das Carisas (2), Eva (2).

Nova e contundente vitoria das dumbriesas ante unhas nicrarienses que non se amilanaron e intentaron levar o peso do partido. Pero as de Fran Figueroa están moi firmes, e contundentes, e gracias á sólida defensa con Mai e Noa de centrais polas diferentes baixas, permitiu manter a porta a cero.

Os goles foron caendo xa dende o minuto 2, indo 3-0 ao descanso. Na reanudación, froito de bonitas xogadas trenzadas por Fandi, Eva e María das Carisas a renda foise ampliando atopando a Kelly para facer un triplete, e con Eva e María movendo o equipo de lado a lado para disfrute da fiel bancada do Conco e con Fandi que desta volta non asinou pero fixo de asistente 3 veces nos 60 minutos que disputou.

 

Liga F7, Coruña, Gr.A, xornada 10

Corcubión - Paiosaco (1-1)

Corcubion feminino no Cubaleiro

  • Corcubión: Elena, Elisa Lema, Vivi, Andrea, Cristina, Alexandra Lojo, María Castro. Tamén xogaron: Marta Lavandeira, Claudia, Adriana, Ana, Noa, Paula Galindo, Marta Santiago
  • Goles: 0-1, m.2; 1-1, m.25: Noa.

U.D Corcubión feminino comezaba a segunda volta cun empate no Cubañeiro. As de Rubén Castillo parecían arrincar o partido con baixa enerxía e cunha presión por parte das contrincantes que provocou que o encontro arrincase cun gol para estas últimas. Este gol espertou ás locais, que intentaron levar o peso do xogo con toques ao balón e numerosos tiros a porta.
O gol para as corcubionesas chegou nos derradeiros minutos da primeira parte, nunha contra levada por Marta Santiago e Noa, quen se encargaría de asegurar este gol tan ansiado.

A segunda parte arrincaba cun susto para ambos equipos cun forte choque entre dúas xogadoras e o abandono dunha das defensas corcubionesas do terreo de xogo. Este segundo tempo caracterizouse por dous equipos pouco acertados en goles, un penalti que iría por fóra a favor das visitantes, e moitos tiros errados para o equipo local.

 

Máis novas do FUTFEM

MÁIS CRÓNICAS DO #FUTFEM

TÁBOA DO GR.2 DA 2 DIV.- FEM

TÁBOA DO GR.4 DA 2 DIV.- FEM

Comentarios