Sábado. 19.09.2020
El tiempo

Futsal: En posicións de podio

O Villa de Cee segue un camiño espectacular na Preferente
O Villa de Cee segue un camiño espectacular na Preferente
Futsal: En posicións de podio

Nova vitoria do FSF Villa de Cee que aproveitou o tropezo do Rábade para colocarse na segunda praza, a só 2 puntos do líder, o Begonte.

Visitaba o Mazaricos a pista do líder da 1ª Galicia, o Rececende Pontenova, e a pesar de facer o mellor partido da temporada, topouse cun porteiro excelente que evitou que os amarelos sacasen algo positivo. Quedan así os costeiros a 4 puntos do propio Pontenova.

PREFERENTE, GR. NORTE, XORNADA 7

  • Resultado: FSF Vila de Cee - Noia FS B (5-3)
  • FSF VIlla de Cee: Maikel (p), Félix, Jose, Javi, Juan; Tamén: Pose (ps), Mario, Ángel, Aitor, Fran, Juanjo.
  • Goles: 0-1; 1-1: Propia porta; 2-1: Ángel; 2-2 /// DESCANSO /// 3-2: Félix; 4-2: Félix; 5-2: Javi; 5-3.

Foi un partido igualado no que a clave para facerse coa vitoria foi a maior contundencia dos centolos e a súa intensidade en ambas áreas. O partido non empezou ben para os de Juan Caamaño, xa que antes de cumplirse o segundo minuto de xogo, a través dun disparo lonxano, encaixabano 0-1. Pouco a pouco fóronse repoñendo, empezando a xenerar ocasións, sobre todo a raíz de subir a defensa a campo rival e tras roubos de balón.
Despois de unha boa xogada de Ángel pola esquerda e tras un paso ao segundo pau, empataban o partido ao marcar en propia meta un rival no seu intento de despexar.
Atravesado o ecuador da primeira metade seguían oscosteiros levando o dominio do encontro, sobre todo en canto a perigo xenerado, pero non foi ata o minuto 16 cando se metían por diante tras unha finalización de Ángel.
Pouco durou a alegría xa que no último minuto antes de irnos ó descanso, e tras unha boa saída da nosa presión, o Noia empatou o partido.

Arrancou a segunda metade con intensidade e así, cando aínda non se cumplira o segundo minuto da reanudación Félix facía o 3-2 tras unha boa xogada con Ángel. Seguían insistindo pero non eran capaces os locais de abrir fenda no marcador ata que Félix novamente, esta vez tras unha parede con Javi, facía o 4-2 dun disparo cruzado. E 1 minuto máis tarde, no 32, era Javi quen acertaba a facer o 5-2 ao rematar unha xogada de córner.

O filial do Noia FS arriscou con porteiro-xogador para intentar a remontada pero non foron capaces. O Cee estaba moi ordenado e, aínda que pasaron a ter a posesión do balón, apenas crearon perigo. Simplemente marcaron o 5-3 a falta de 5 minutos nunha xogada afortunada tras un disparo lonxano.

 

1ª GALICIA, GR. LUGO-CORUÑA, XORNADA 6

  • Resultado: Recedende Pontenova - Mazaricos (5-2)
  • Mazaricos CF: Damián, Sandelo, Brais, Molinos e Carreiriña. Xogaron tamne: Ferreiriño.
  • Goles: 1-0; 1-0; (descanso); 2-1: Sandelo; 3-1; 4-1; 4-2 Sandelo.

Con 6 xogadores se presentaban os amarelos na Pontenova para competir co líder. E fixeron o mellor partido do curso, ben armados atrás e buscando as contras, pero con tramos de control de balón, pois aos amarelos tampouco lles quema a pelota. Así e todo, a primeira metade acababa con 2-0 gracias ao acerto na estratexia dos locais.

Comezaron máis arriba os costeiros e metéronse no partido co tanto de Sandelo. Apretaron moito, pero apareceu o meta local, o mellor do partido. Á contra acabaron sentenciando os locais ante o empurre dos amarelos.

 

NOVAS DO FUTSAL

NOVAS DO FSF

comentarios