Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Futsal: O Guitiriz marchou da pista do polideportivo de Cee por supostas ameazas dun xogador do Villa de Cee

FSF Villa de Cee 19-20
FSF Villa de Cee 19-20
Futsal: O Guitiriz marchou da pista do polideportivo de Cee por supostas ameazas dun xogador do Villa de Cee

En Preferente non foi o partido máis brillante do Villa de Cee, moi acelerados e nerviosos, rematando ademais o partido antes de tempo, pois o Guitiriz retirouse a 13 minutos do final alegando “ter recibido ameazas dun xogador local”. Unha situación anta a que ficaron sorprendida a familia local e os colexiados, pois o partido estaba sendo bastante tranquilo.

Pola súa parte, o Mazaricos Futsal conseguía unha nova vitoria na casa.

PREFERENTE, GR. NORTE, XORNADA 7

  • Resultado: FSF Villa de Cee - Guitiriz (4-4)*
  • Vila de Cee: Maikel, Juan Vello, Javi, Perce, José Antonio; Pose (port. supl.), Ángel, Aitor, Mario.
  • Goles: 0-1; 1-1, Javi no segundo pau; 1-2; 2-2, Aitor cundisparo de falta lonxano; 2-3; 3-3, Perce tras unha boa xogada individual e un disparo de fóra // Descanso // 3-4; 4-4, Javi.
  • * Partido suspendido a 13 minutos do final pola retirada do Guitiriz.

No deportivo o choque comezaba cun Cee máis mandón, pero quetivo que remontar ata en tres ocasións antes do descanso, pois os visitantes se adiantaron en tres xogadas a balón parado.

Na segunda parte saíron os ceenses con gañas de poñerse por diante, mandando na posesión do balón pero volveu pasar o mesmo, adiantouse o cadro visitante e Javi volveu igualar.

E cando faltaban 13 minutos e medio para rematar o partido, o equipo de Guitiriz decidiu retirarse da pista. Declararon non querer xogar máis por ameazas levadas a cabo por un xogador locals. Os árbitros afirmaron que en ningún momento se percataron de tal asunto e polo tanto en ningún momento amonestaron por tal motivo a ningún xogador do Cee. A verdade é que tampouco estaba sendo un partido "quente" en términos de entradas duras ou algo similar.

Agora toca esperar pola resolución definitiva do Comité de Competición.

 

1ª GALICIA, GR. LUGO-CORUÑA, XORNADA 5

  • Resultado: Mazaricos CF- Trabada Futsal (7-5)
  • Mazaricos CF: Tabula, Ramon, Oscarin, Ferreiriño, Chapela. Xogaron tamén: Sandelo, Brais, Molinos e Carreiriña.
  • Goles: 0-1; 1-1 Oscarin; 2-1 Molinos; 3-1 Sandelo; 3-2; 3-3; 4-3 Chapela (descanso); 4-4; 5-4 Moli; 6-4 Sandelo; 6-5; 7-5 Chapela.

Na primeira parte saíron a esperar ao rival. E costou abrir o marcador a pesar de ter bastantes ocasions á contra. Ao descanso chegouse cun empate a tres debido a grandes fallos defensivos dos amarelos.

Na segunda parte partido totalmente, controlado polos locais e con moitas ocasións para escapar. Pero nunca se conseguiron despegar, e ata o último gol de Chapela o partido non estivo decantado de todo.

Mazaricos Futsal

NOVAS DO FUTSAL

NOVAS DO FSF

Comentarios