As Seleccións da Costa en Ponteceso e Corme: Unha vitoria e moita ilusión

Fermosa festa do fútbol base a vivida nos campos do Cairo e o Pinguel. O Campionato Galego de Seleccións Comarcais sub11 e sub13 disputáronse nos campos costeiros gracias á colaboración do Concello, e dos Corme CF e Ponteceso SD. E foi unha xornada completa de emoción e experiencias para os case 250 chegados de toda Galicia.
Tamén viviron emocións os nosos representantes nas Seleccións da Costa, pois vestir a Amarela xa é todo un orgullo para a nosa rapazada. Uns combinados que contan co apoio de Manolo Corredoira e Óscar Leis para que todo estea listo.
A sub11
Comezaba ben o Torneo e a sub11 de Carlos Romero comezaban vencendo 3-0 a Ferrol, cos goles de Taboada, Cristian e Luisma. Toda a delegación quíxolle dedicar a vitoria a Alberto Pose e á súa familia pola súa recente paternidade.
É certo que antes xa caeran os costeiros 0-4 ante A Coruña, e despois non puideron vencer a Santiago (1-5), con tanto de Caamaño.
Pola tarde, a Amarela sub11 si competía a tope na loita polo 5º-6º posto, e só caía na quenda dos penaltis ante Ourense tras empatar a 1 (marcou Periscal).
A Coruña, que venceu a Santiago na final, foi o campión.
A sub13
A sub13 de Rubén e Skío tamén soubo competir pero non tivo sorte de cara gol. Caeron 0-3 ante A Coruña, 0-1 con Ferrol e 0-3 con Santiago.
Os campións nesta categoría foron os santiagueses que venceron 4-1 na final a Pontevedra
Pero máis alá dos resultados, como recoñecen Rubén e Eskío, son as experiencias vitais que levan estes rapaces nunha xornada de convivencia como a vivida onte.
Novas das Seleccións
- A Amarela, lista para competir na Concentración de Seleccións Comarcais que se celebrará no Cairo e no Pinguel.
- O Pinguel e o Cairo acollerán o Campionato Galego de Seleccións Comarcais sub11 e sub13.
- Febreiro 2020: As Seleccións da Costa collen ritmo de competición en Cee.
- Xaneiro 2020: As Seleccións da Costa póñense a punto no Conco.
- Xaneiro 20: “Estas Seleccións da Costa teñen moitas posibilidades de facer algo bonito”.
- Decembro 19: Posta de longo das novas Seleccións da Costa sub11 e sub13.
- Decembro 19: As novas Seleccións da Costa sub11 e sub13 póñense en marcha ás ordes de Carlos Romero, Skío e Muchi.