LigadaCosta F: Juan Cabrejo, Soneira e Cabana pechan o ano en plena loita polo liderato

O Soneira, único equipo feminino invicto a final de ano

Nun pano dun punto rematan o 2025 os tres mellores equipos deste comezo de curso. O Juan Cabrejo comezaba a Liga de xeito espectacular, pero pouco a pouco Cabana e Soneira foron acurtando a distancia ata rematar nun pano dun só punto. De feito, o Soneira, é único equipo feminino invicto a estas alturas, e o único de todo o Fútbol da Costa xunto ao Coristanco da 3ª FUTGAL masculina.

Por detrás mantense o Outes, e un pasiño máis atrás Zas, Corcubión e Cerqueda.

Na loita pola pichichi, a soneirá Kenny fica con 15 goles, polos 12 de Laura Lires (Outes), os 11 de Yara (Camariñás), e os 10 de Sofía Caamaño (As Miúdas) e de Sandra López (Corcubión).

3ª Div. Fem., Gr.3, xornada 9

Corcubión - Outes (1-1)

  • Corcubión: Lucía, Carla, Antía, Andrea Rod., Juliette, Sandra López, Helena, Andrea Romero, María Castro e Jimena. Tamén: Xaira, Serena, Lara e Sandra García.
  • Outes: Lía, Fátima, Natalia, Antía, Alicia, Carmen, Marta, Cris, Buján, Miriam e Laura Lires. Tamén: Candela, e Sofía.
  • Goles: 1-0, m.10: María Castro; 1-1, m.15: Laura Lires.

Partidazo entre aspirantes a meterse na loita de arriba, ao que chegaban as visitantes con apenas 13 xogadoras e varias tocadas. O Corcubión tomou o mando ante un Outes que saía replegado, e pronto se adiantaba no marcador nun barullo na área. Pero 5 minutos despois nunha boa combinación de Marta con Laura servía para asinar o empate. O xogo disputábase no medio, moita pelea e as duas defensas moi acertadas. Contra o final o corcubión con mais cambios chegaron mellor o treito final e apretaronnos pero conseguimos arañar un punto, que outrora nos sabería a pouco. Esta semana sabenos moi ben.

Juan Cabrejo - A Baña (9-1)

  • Goles: Yara (5), Laura Paredes (3) e Aitana para as locais e Natalia Llacer para as de Leticia Fdez.
Pepucho coas xogadoras camariñás. Fotos: EFJC

Partido dominado completamente polo cadro local. Aínda tardaron en abrir a lata e volveu ser Yara a que marcada por partida doble antes do descanso. A segunda foi de máis dominio camariñán.

Zas - As Miúdas (3-1)

  • Zas: Alvite, Carlota, Sara, Inés, Nuria, Andrea, Lara , Antia, Nerea, Lucía e Noelia. Tamén: Laura, Tania, Ruth, Jimena e Lorena.
  • As Miúdas: Adriana Siaba, Atenea, Leire, Carlota, Iria, Ana Romero, Adriana Piñeiro, Salomé, María García, María Gon. e Sabela. Tamén: Amina, Alba, Nicole.
  • Goles: 1-0, m.12: Nerea; 2-0,m .35: Nuria; 3-0, m.53: Nerea; 3-1, m.86: Sabela.
Sp Zas - As Miudas-Foto-Sp

Partido de eficacia das locais, cun inicio forte creando varias ocasións claras que Nerea transformaba para romper a igualdade no minuto 12. As visitantes apretaban arriba con intensidade pero non lograban inquedar a Noelia. Noutra acción de ataque Nuria á media hora facía o 2-0.

Na segunda parte o Zas xogou máis replegado tendo as visitantes áais o balón e algunha acción de perigo sobre todo con disparos lonxanos , pero o Zas seguía cerca de área xando podía roubar e así chegaba o gol de Nerea para o 3-0.

Cabana - Ponteceso (0-0)

  • Cabana: Miriam, Idania (Sabela), Mireia, Iria, Aroa, Inma, Silvia, Laura (Nuria), Nerea (Valeria), Adriana (Natalie), Irene.
  • Ponteceso: María Lema, Lorena, Eva Carril, Lucía, Laura Rod., Elena Busto, Iria Baneira, Lucivili, Virgi, Oanes e Clara. Tamén: Nerea, Tania, Mirian, Tati e Maica.

Partido de rivalidade nas Redondas que empezaba cas locais tentando levar o ritmo e presionando o Ponteceso que tentaba saír con contras que creaban perigo á meta cabanesa. Así e todo, as locais dispoñian de algunha clara ocasión cun tiro ao poste e varias chegadas.

No segundo tempo seguía a misma tónica con dominio local e tentativas do Ponteceso de saír rápido pero sen froitos. Protagonismo neste segundo tempo pa porteira do Ponteceso Maria que fixo grandes intervenciones e xunto cos postes foron a cruz para as locais q non dedicaron de inténtalo pero sen froitos

Dubra - Soneira (0-3)

  • Goles: 0-1, m.46: Kenny; 0-2, m.63: Kenny; 0-3, m.78: Kenny.

Viaxaban as de Rolan ata Val do Dubra nunha tarde moi fría. Pero saían moi intensas, sendo dominadoras pero sen xerar ocasions claras de gol. Dous saques de esquina foron as mellores xogadas antes do descanso.

Nada mais volver do tempo de lecer Kenny aproveitaría un rexeite da porteira a un centro Agra. E aí non frearon e seguiron xerando ocasións as soneiráns e nunha boa xogada de Tamariña caelle o balón a Kenny que fai o 0-2. A propia Kenny, dende fóra, cultimaba o seu triplete.

Xallas - Cerqueda (0-3)

  • Xallas: Gasco, Noe Traba, Paula Maneiro, Soraya, Carmen Pena, Dani Berdullas, Laura, Valeria, Mar, Saray e Michelle. Tamén: Alba, Patri, Naiara, Sara e Noa.
O Cerqueda en Fontenla
  • Cerqueda: Inés, Mariña, Uxía, Sara, Tati, Antía, Saray, Aroa, Kayla, Lorena e Tania. Tamén: Inés Amado e Valeria Soage.
  • Goles: 0-1, m.33: Saray; 0-2, m.67: Valeria Soage; 0-3, m.70: en propia.

Partido xogado a semana pasada que comezana co Xallas ben posto, e tendo ocasións, pero cando se asentaron as cerquedás, foron dominadoras.

Crónicas da #LigadaCostaFEM

Crónicas da 1ª e 2ª Div.

Máis info