LigadaCostaFEM: O Outes alonxou ao Cabana da pelexa polo liderato
Rematou a curta primeira volta da Liga da Costa Feminina, e fainco con 3 equipos destacados. Ademais das EF Juan Cabrejo e do Soneira, que comparten liderato tralas súas novas vitorias (ollo co Soneira que segue a ser o único equipo do Fútbol da Costa invicto a estas alturas do ano), o Outes vencíu nas Redondas e alonxa ás cabanesas da pelexa polo título, aínda que se manteñen a apenas 7 puntos do liderato, empatadas tamén cun Corcubión que aínda aspira a todo.
3ª Div. FEM., grupo 3, xornada 11
Cabana - Outes (1-2)
- Cabana: Miriam, Idania (Nuria), Iria, Mireia, Aroa, Inma, Alejandra (Sabela), Laura, Silvia, Adriana (María Gómez), Nerea (Natalie).
- Outes: Candela, Fátima, Antía, Alicia, Iria, Uxía, Graci, Marta, Carmen, Miriam e Laura Lires. Tamén: Claudia, Erika, Cris, Natalia e Candela Caamaño.
- Goles: 0-1, m.25: Laura Llires; 1-1, m.51: Adriana; 1-2, m.85: Laura Lires.
Sen dúbida o partido máis igualado da xornada, cos dous equipos loitando por manter o ritmo das líderes. Comenzou o partido cun lixeiro dominio do Cabana que rondaba a a portería do Outes pero non conseguía ocasions claras. Nunha contra, un bo pase filtrado de Iria que recolle Laura para encarar a porteira e batea por enriba para que as de Dani Salgueiro se adiantasen no marcador.
Apretou o Cabana na segunda ante un cadro visitante ao que parecía que lle faltaban as forzas, e Adriana empataría. Pouco despois Mireia vía como lle anulaban un tanto por fóra de xogo. O Outes foi recuperando protagonismo e xa contra ofinal, nun lanzamento de falta, o despexe dunha defensa cólase tras bater en Laura. Tentaríao aínda o Cabana e Silvia mandaba ao longueiro unha falta chegando ao final.
Zas - Xallas B (2-2)
- Zas: Noe, Lucía Ares, Antía, Valeria, Carlota, Ruth, Jimena, Sara, Nuria e Nerea. Tamén: Lorena, Laura, Atenea e Lara.
- Xallas B: Valeria, Soraya, Carmen, Judit, Daniela, Laura, Mar, Luchy, Saray, Yaiza e Michelle. Tamén: Alba, Noe, Naiara, Marta Lago, e Valeria Caamaño.
- Goles: 0-1, m.60: Luchy; 1-1, m.66: Andrea nunha xogada a balón parado; 2-1, m.71: Lucía Ares aproveitando unha falta de entendemento da defensa visitante; 2-2, m.93: Yaiza.
Partido moi disputaco, que comezaba co Zas máis enchufado e tendo ata 3 grandes ocasións. Tamén o filial de Noe Vimi tivo algún tiro lonxano pero o marcador non se moveu.
Na segunda, co filial ben armado, buscaba esas contras que lle permitiron abrir o marcacor por medio de Luchy, tras unha boa combinación con Soraya. Pero a reacción das zaseiras foi total, subiron liñas e en 5 minutos daban a volta ao marcador, da man de Andrea e Lucía.
Quedaban aínda 20 minutos e o partido calmouse. Parecía que o Zas tiña a vitoria asegurada pero no longo desconto, tras un roubo de Valeria chegaria o definitivo 2-2 por medio de Yaiza. Aínda quedaba outra xogada de ataque e o Zas conseguía chegar a portería disparando cerca do punto de penalti pero o gran partido da porteira visitante non deixaria perder ao seu equipo.
Corcubión - As Miúdas (4-1)
- Corcubión: Juliette, Alexandra Ljo, Marta, Carla, Andrea Rod., Helena, Cris, Sandra López, Andrea Romero, Marí Castro, Jimena. Tamén: María Díaz, Tati, Lara e Lucía Garea.
- As Miúdas: Zaira, Atenea, Leire, Nicole, Adriana Piñeiro, Lola, Lucía, Salomé, María García e María Gon.
- Goles: 1-0, m.24: María Castro; 2-0, m.41: Andrea Romero de falta; 3-0, m.53: María Castro de falta; 4-0, m.62 María Castro de penalti; 4-1, m.66: María Gon.
Partido xogado moi a medio gas polas numerosas baixas do cadro muradán que chegaba con 11 xustas. Pola banda local, tivo que repetir Juliette de porteira (lévao na sangue, que súa nai é porteira), e destacar dous golazos de falta, e outro de María dende fóra da área.
EFJC Camariñas - Cerqueda (1-0)
- EFJC: Desiré, Uxía (Daniela), Rocío, María, Brenda (Paula), Aitana, Laura Pose, Yara, Laura Paredes, Saray (Lola), Maira (Ana Lelucha).
- Cerqueda: Sara, Antía, Alexia, Matiña, Tati, Kayla, Alba Verdes, Leyre, Saray, Antía, Tania e Tati. Tamén: Aroa e Valeria.
- Gol: 1-0, m.44: Maira nun córner.
Gran partido do Cerqueda no Vicente Carril prantando cara ao líder da competición. A primeira metade, as novas xogadoras cerquedás aguantaron ben as veteranas locais, e apenas concederon un man a man de Laura Paredes que salvou Sara. Só no desconto da primeira metade, e de córner, conseguían adiantarse as de Cabrejo e Pepicho.
Na segunda o Camariñas dominou máis o choque pero non conseguía romper o partido e as visitantes seguiron metidas no partido ata o final.
Ponteceso - Soneira (0-8)
- Ponteceso: María Lema, Sabela, Nerea, Maica, Laura Rod., Lucivili, Eva Carril, Lucía Pena, Clara, Tati, Virgi. Tamé: Tania, Miriam, Elena.
- Soneira: Karen, Kelly, Dolores, Ana Mouzo, Sara Agra, Luana, Marcela, Leila, Tamara, Daniela e Kenny. Tamén: Laura Calvo, Rosa, Uxía, Sara Pasantes e Cris.
- Goles: 0-1, m.4: Ana Mouzo de penalti; 0-2, m.19: Kelly de penalti; 0-3, m.39: Kelly; 0-4, m.52: Tamara; 0-5, m.68: Kenny; 0-6, m.77: Kenny; 0-7, m.84: Sara Pasantes; 0-8, m.88: Kenny.
Con 4 baixas claves (Oanes, Iria, Lorena e Grecia) se presentaba un Ponteceso, que apenas puido aguantar os primeiros minutos, pero dous penaltis tontos por dúas mans, xa puxeron o partido costa arriba. Así e todo, aguantaron ata o final da primeira metade, igualando a contenda e tendo algunha chegada.
Na segunda, as de Roland foron un vendabal, completando o triplete de Kenny.
Crónicas da #LigadaCostaFEM
- X.10: O Soneira pon a cousa quente.
- X.9: Juan Cabrejo, Soneira e Cabana pechan o ano en plena loita polo liderato.
- X.8: O Outes frea ao EFJC Camariñas e o Cabana cólase líder.
- X.7: O Soneira frea ao Juan Cabrejo.
- X.6: O Juan Cabrejo non perdoa.
- X.5: O Camariñas non cede nin co Cabana.
- X.4: 4 equipos seguen invictos.
- X.3: Xornada a medias moi igualada.
- X.2: Corcubión e Camariñas, un paso por diante.
- X.1: Comezou a rodar o balón.
Crónicas da 1ª e 2ª Div.
- X.15: Corme e Esteirana protagonizan o partido da xornada.
- X.14: Remata o ano con bo sabor.
- X.13: Repaso a unha xornada a medias.
- X.12: O Muxía recórtalle ao Tordoia a conta do Bergan B.
- X.11: Un pouco de todo para seguir na loita por todo.
- X.10: Escapa o Tordoia mentres o Corme supera ao Cee e alcanza ao Muxía.
- X.9: O Tordoia frea ao Muxía nunha semana con vitorias para Cee, Corme e Esteirana.
- X.8: Muxía e Dumbría demostran o potencia do Fútbol da Costa.
- X.7: Cee, Dumbría e Corme pegan un salto.
- X.5: No pelotón.
- X.4: Muxía e Tordoia presentan candidaturas<7a>.
- X.3: O Muxía mete medo.
- X.2: O Corme superou ao Dumbría nun partido máis igualado do que sinala o marcador.
- X.1: 1ª e 2ª FUTFEM: O Muxía presenta credenciais.