Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Ligas Galegas: O Bergan Xuvenil destaca

acía a honra.

Javi Pérez autor do 0-1
Javi Pérez foi autor de abrir a lata para o Bergan xuvenil ante o Conxo
Ligas Galegas: O Bergan Xuvenil destaca

Tocoulle descansar ao Dumbría Cadete e Infantil, pero os equipos costeiros tiveron diversos resultados, destacando a labor do Bergan Xuvenil.

Liga Galega Xuvenil, Subgrupo Norte C, x.4

  • Resultado: Dumbría - Escola Estrada (2-3)
  • Dumbría: Rubén, Álex Sánchez, Martín Lodeiro, Guille, Anxo, Dani Chao, Raúl, Lucas Toba, Aldrefo, Marcos e Isaac. Tamén; Xacobe, Rui, Borja, Braus e Lucas.

Dani Chao do Dumbria Xuvenil
Dani Chao

Bo partido dos de Marín Vecino, que aínda pecan de mocidade, xa que a maioría son xogadores de primeiro ano. Os locals comezaron ben, meténdose por diante ata en dúas ocasións durante o primeiro tempo cos tantos de Isaac Ramos e Alfredo. Pero ao fío do descanso o Estrada empataba de novo tras un centro lateral, facendo moito dano.

Pouco despois de volver dos vestiarios, recibiron o sterceiro, nunha acción semellante con centro lateral. A partir de aí acabouse o fútbol. O cadro visitante meteuse atrás, e foi parando o partido sen que os dumbrieses soubesen levantar o choque.

 

Liga Galega Xuvenil, Subgrupo Norte C, x.4

  • Resultado: Conxo B - Bergantiños (0-2)
  • Bergan: Gardu, Dani García, Pablo García, Noé, Pedro, Ashier, Mario Vila, Totó, Israel, Iván Pardo. Tamén xogaron Javi Pérez, Dopico e Parafita.

Gran vitoria do Bergan de Óscar Mingui que se mantén no máis alto do grupo. Na primeira metade os carballeses tiveron moita posesión pero pouca profundidade ante un Conxo moi ben replegado. Apenas un par de chegadas nos pés de Mario Vila, un lanzamiento de falta ó pau e un remate que se foi fóra por pouco

Na segunda, tivo que intervir Gardu en 3 ocasións para manter o empate, e non foi ata o minuyo 60, cando Javi Pérez, nada máis saír ao campo, rompía o partido co seu tanto. Iván Pardo, coa boa inercia, sentenciaba pronto, deixando un final de partido bastante tranquilo para os bergantiñáns.

Liga Galega Cadete, Subgrupo Norte C, x.4

  • Resultado: Ural B - Xallas (3-1)

Está pagando a novatada o equipo de Jota e César, que segue facendo máis méritos do que sinala o marcador. O sábado na Coruña saíron algo adurmiñados e en menos de 15 minutos xa caían por 2-0 tras un córner e unha perda innecesaria no medio campo. Tralo parón para beber, reaxustaron posicións, adiantaron liñas, e pronto recurtaron por medio de Barbeira.

Durante o segundo tempo o Xallas intentaron pero non conseguían empatar ante un equipo local que mareaba o balón sen profundidade, mentres os xalleiros perdían por lesión xogadores como Luís, Aarón ou Jairo, a recente fichaxe procedente do Bertamiráns. Xa no último suspiro, un gol en propia meta sentenciaba o choque.

 

Liga Galega Cadete, Subgrupo Norte C, x.4

  • Resultado: Bergantiños B - Imperátor (2-2)

Empate do Bergan de Chema Eirís ante o Imperátor.

Liga Galega infantil, Subgrupo Norte C, x.4

  • Resultado: Xuv. Oroso - Bergantiños (3-0)

Con problemas está comezando este curso o cadro de Cristian. Foi o do domingo un partido bastante igualado na primeira metade, no que un regalo nun pase atrás da defensa bergantiñá permitiu que o cadro local se marchase con vantaxe ao descanso.

Na segunda metade o encontro abriuse máis e o Bergantiños tivo un par de ocasións pero non foi quen de materializalas. O Oroso claro gañador do encontro que foi quen de materializar dúas contras na segunda metade.

 

Novas relacionadas

Comentarios