En marcha a 44ª edición Campionato de Barrios de Esteiro, o mellor torneo de verán do país
Comezou o cuadraxésimo cuarto Campionato de Barrios de Esteiro, o mellor torneo de verán seguramente do pais. Xa van dúas xornadas tralas que tan só un equipo foi quen de gañar os dous encontros. Ese foi o renovado Pentacosta, o Avefénix do campionato máis histórico da nosa contorna. Queda moito torneo de Barrios por diante, pero polo de pronto amosa que a clasificación para as semifinais vai estar moi igualada.
Os finalistas do ano pasado, o Canchester e o Independiente non pasaron do empate no partido inaugural. No seu primeiro partido contra o Carallo Santo, o Pentacosta facía visible a súa capacidade goleadora e bo facer. O seguinte partido, Ciclóns contra Abelleira, eran os da parroquia os que sucumbían ós dous chícharros marcados por un dos xogadores contrastados do campionato como é David Añón, para rematar 2 goles a 1.
E apareceu outra vez o Canchester, o equipo máximo goleador na pasada campaña, para demostrar que segue tendo moita pólvora, non sen sufrir, pois o Carallo Santo foi quen de aguantar ata o minuto 80 a diferencia mínima. Foron as forzas as, que fallaron no restante, o que fixo que o Canchester se impuxera por un contundente 6 a 1 (Anxo 3, R. Pladur 2 e Pachín 1).
A seguinte xornada, disputouse o Independiente - Ciclóns, o partido que máis veces se dou nas últimas décadas neste campionato, acostumados a xogar finais e deleitar os seareiros do pobo, nun encontro de ti a ti con poucas ocasións, cun gol en propia meta do veterano Dani Rama e unha auténtica marabilla das que tantas se viron no Xosé Luís Vara de Adelino Lestón, marcaron o empate do encontro.
Na última xeira do que se vai xogado, foi o Pentacosta o que se impuxo por un 3 a 1, a un Abelleira que non poido celebrar as súas festas parroquiais.
Intrépido o célebre campionato de Verán de Esteiro na súa 44 edición.
- (Crónica facilitada por Róber Pladur).
ALMARÉS DOS ÚLTIMOS ANOS DO CAMPIONATO DE BARRIOS DE ESTEIRO
- 2022: O Independiente repite título do Campionato de Barrios tras vencer a penaltis a un brillante Canchester
- 2019: O Independiente volve reinar no Campionato de Barrios de Esteiro
- 2018: Os Ciclóns do Maio levan, por segundo ano, o mítico Campionato de Barrios de Esteiro.
- 2018: Recta final do mítico Torneo de Barrios de Esteiro coas Semis.
- 2017: Os Ciclóns do Maio, campións do 40 Campionato de Barrios de Esteiro.
- 2016: O Independiente faise co campionato de Barrios.
- 2015: Abelleira campións dos Barrios de Esteiro de 2015.
- 2014: O Independiente, campión do Campionato de Barrios de Esteiro 2014.
- 2013: O Campionato de Barrios de Esteiro, unha competición singular: Independiente de Uhia faise co título.
- 2012: Un Ciclón arrasou no Campionato de Barrios de Esteiro.