Nova fin de semana de emotivos torneos no fútbol costeiro
00:54 29/08/19
Esta fin de semana, xa coa Preferente en liza, e despois dunha completa finde de emotivos amigables, volve o Fútbol da Costa ter cita.
Un gran foco de atención, e de emoción, será o San Paio de Refoxos, co Homenaxe a Bruno que prepara a SD Ameixenda. Este sábado, ás 18:00h, o cadro amarelo de Julio Vila enfrontarase a un equipo formado por "Amigos de Bruno”, que estará dirixido por Manuel Oliveira "Manolín", que tiña unha relación moi especial co xogador ceense, finado este verán nun accidente de coche.
Torneo en Zas
CD Baio e Sporting Zas terán unha boa proba de lume o domingo 1 de setembro no Platas Reinos no XXXIII Torneo Concello de Zas.
Novas relacionadas
- Emoción e bo fútbol nos últimos torneos de verán.
- Anxo Garrido analiza o comezo das 4 ligas do Fútbol da Costa.
- David Castro analiza o comezo das 4 ligas do Fútbol da Costa.
- Corredoira analiza o comezo das 4 ligas do Fútbol da Costa.