Xoves. 19.09.2019
El tiempo

Unha nova e internacional Vidú Cup unirá grandes equipos na categoría sub15

O RCD Deportivo foi o campión da Vidú Cup do ano pasado
O RCD Deportivo foi o campión da Vidú Cup do ano pasado
Unha nova e internacional Vidú Cup unirá grandes equipos na categoría sub15

Cartel III Malpica Vidú Cup​Un ano máis, a Malpica Vidú Cup terá carácter internacional. A visita do GD Chaves supón un bo aliciente para disfrutar da terceira edición deste torneo artellado pola Asociación Cultural e Deportiva Vidú coa colaboración do Concello de Malpica de Bergantiños que une o melloriño da categoría fútbol Sub15.

A cita será o sábado 8 de xuño, e se dispersarán os partidos entre o campo do Cairo, de Corme, e o de Xaviña de Buño,  no que participarán os seguintes equipos: Pontevedra CF, da SD Compostela, do RC Deportivo da Coruña, do Bergantiños CF, do Racing Club de Ferrol, do GD Chaves, da Selección da Costa e da Selección Coruñesa.

Desde o Concello de Malpica e a Asociación Cultural e Deportiva Vidú queren agradecerlle á Real Federación Galega de Fútbol, á Escola de Porteiros Nordés, ao Buño SCD e ao Corme CF.

Novas relacionadas

 

Comentarios