Xoves. 02.07.2020
El tiempo

Pasando páxina

Imaxe dun Cerqueda -Corme deste ano-Foto-Ra
Imaxe dun Cerqueda -Corme deste ano-Foto-Ra
Pasando páxina

Rematou a primeira volta na Liga da Costa, sen grandes sorpresas na zona alta, pois os habituais favoritos están ocupando esas prazas. Pero si que sorprende a táboa clasificatoria media-baixa, pois grandes proxectos que non fraguaroneneste inicio ligueiro rondan os postos de perigo, aínda que de momento nunha tranquilidade de colchón suficiente, pois os tres últimos teñen soamente sete e seis puntos.

Nas 15 xornadas desputadas temos varios datos curiosos: o equipo líder da categoría, o Corme, non coñece a derrota; todo o contrario o que de momento é o pechacancelas, un Buño que nesta volta non puido gañar ningún partido. Estes dous equipos tamén son dispares nos goles anotados, pois os primeiros son o equipo máis goleador da categoría con 50 tantos ao seu favor, e os oleiros son os menos efectivos cara a portería rival, só anotaron 10 goles.

A gran tempada do San Lorenzo tamén se debe a que son o equipo menos batido, encaixando 18 goles, mentres o Cabana o outro equipo que esta en zona de descenso directo é o máis goleado recollendo o balón da sua rede ata en 50 ocasións.

O partido que máis goles ofreceu os espectadores foi o Cee - Cabana que presenciaron, nada máis e nada menos, que 12 goles repartidos nun 8-4. En cambio, o resultado de empate a cero goles douse en dúas ocasións, cun mismo protagonista o Buño, que contra o Muxía e Esteirana teria ese resultado.

Na clasificación de pichichis tamín manda o Corme co seu goleador Alejo, con 16 tantos, pero a pouca participación no que vai de liga, só xogou 11 encontros, fai que este ano estea moi aberto este galardón, pois Brais Cancela (San Lorenzo) ten os mesmos goles en 15 partidos, e perseguindo de cerca están Xuco (Ponteceso) e Iván Rojo (Cerqueda) cunha media de gol por partido con 14 e 13 respectivamente.

Agora toca pasar paxina o calendario, e a ver que nos depara unha segunda volta con todo por decidir. 

OUTROS ARTIGOS DE ÁNGEL GARRIDO

comentarios