Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Auxe feminino

Capis do Cee e das Miudas co colexiado-Foto-Rafa quintans
Imaxe do partido entre Cee e As Miúdas desta temporada-Foto-Rafa quintans
Auxe feminino

Estamos chegando ao remate do ano, e gustaríame comentar en positivo o auxe polo fútbol femenino na zona costeira.

Podemos botar a vista atrás e só había unha referencia no fútbol sala, que era o Fisober, e despois con moito esforzo saltaría tamen a pista o Ponteceso, e agora nun bo momento ligueiro o Amarelle Concello de Santa Comba. 

Pero faltaba pisar o verde, e iso foise conseguindo pouco a pouco, ata que agora na actualidade podemos disfrutar de As Miúdas, Cee, Mazaricos e Bergantiños que defenden o fútbol costeiro nas súas respectivas ligas.

E se nos caracteriza algo na zona da Costa é que somos xente competitiva, e non nos gusta ir de comparsa a ningunha competición, pois os citados equipos están nas posicións altas da táboa clasificatoria.

Pero este auxe que podemos disfrutar ahora, ven da man de esas nenas que romperon os estereotipos e querían xogar o balón, e que por sorte siguen aparecendo cada vez máis, e noótase nas categorías base onde a maioría de clubs xa contan con varias xogadoras en todas as seccións, quizais menos en cadetes onde xa soen dar o paso ao fútbol feminino e non seguen nos equipos mixtos.

Pero para que esto siga crecendo fai falla máis visibilidade por parte de todo o que rodea o noso mundo, e pasiño a pasiño vaise logrando. En QPC xa compartimos as crónicas do FutFem costeiro; en Gol TV emiten partidos da liga Iberdrola, e ter nesa liga un Deportivo que compite a alto nivel tamén axuda. E que a FIFA empece a recoñecer as súas futbolistas coas galas e estean en conxunto no balón de ouro favorece bastante a visibilidade. 

Dende o cine tamén hai que abrir esas portas, aínda que é moi difícil facer unha película sobre o fútbol, xa queda lonxana aquela "Quiero ser como Beckham" do 2002. Agora en Amazon Prime pódese ver a serie "The Kicks". Dar esa normalidade ás novas xeracións é fundamental para seguir inculcándolle o gusto polo deporte rei. 

OUTROS ARTIGOS DE ÁNGEL GARRIDO

Comentarios