Xoves. 12.12.2019
El tiempo

Encéndese as luces

Imaxe dun Zas-Cerqueda de comezos de tempada-Foto-Ra
Imaxe dun Zas-Cerqueda de comezos de tempada-Foto-Ra
Encéndese as luces

Estamos preto de recibir o Nadal, e as grandes cidades como Vigo e Madrid xa se apresuraron a encender as súas luces coa esperanza de recibir moitas visitas e dar beneficios a ese desembolso.

E no mundo do fútbol tamén ocorre algo parecido, pero cando un clube encende a súa luz sempre e a de emerxencia. Na Costa hai varios proxectos que non están dando os beneficios que se esperaban a principios da tempada. 

Na Preferente de momento non hai gravidade ao sumar o Xallas en positivo estas últimas xornadas; o Fisterra segue en zonas de previlexio e dende Sofán seguro que apuntaban máis alto pero non corren perigo.

En 1ª Galicia está sufrindo o Volantes de Baño, como era de esperar ata que se acostumen á nova liga. O resto de equipos costeiros están logrando unha boa campaña e de matrícula o Soneira comandando a competición.

A Liga da Costa xa preocupa máis. O Cerqueda segue nunha zona que non era o que esperaba coas súas fichaxes, pero a vitoria ante o Lira dalle un respiro. Castriz e Cabana están tamén preto das prazas de descenso pero xa loitaban por manterse na categoría despois de ascender a ela o curso pasado. Onde os nervios están máis acentuados é por Buño e Zas despois de 12 encontros aínda non saben o que e celebrar unha vitoria. Os oleiros xa cambiaron de míster pero seguen sen gañar; os zaenses van incrementando o plantel pero co mesmo resultado, e a vindeira xornada enfróntanse entre eles nun duelo que pode dar vida ou matar os dous.

Na 3ª o adestrador do Porteño dou un paso ao lado para intentar revertir os resultados e pelexar polas posicions de ascenso, algo que tamén esperaba o Castrelo despois dunha boa tempada pasada pero non acaban de arrancar, e tema parte e o Corcubión que desde o seu descenso a esta categoría xa fai varios anos non é capaz de facer competitivo o seu equipo.

Todos os que están sentados no banquillo comerán o turrón? Ou as directivas encenderán a luces de emerxencia e buscarán novas solucións? 

OUTROS ARTIGOS DE ÁNGEL GARRIDO

Comentarios