Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O fútbol de Pondal

Alberto Bana no Ponteceso-Corme
Ponteceso e Corme saltando ao campo no Platas Reinoso no derbi deste ano
O fútbol de Pondal

A rivalidade entre Ponteceso e Corme e lexendaria, dous grandes equipos no mesmo concello, ambos conxuntos teñen un palmarés envexable con ligas e copas nas súas vitrinas.

Como nos comics de Asterix e Obelix, os Pondalianos queren conquistar todo o fútbol, pero hai unha pequena resistencia, os Cormeláns vende caro o seu habitat e saen respondóns, facendo un fútbol que leva anos enamorando o resto da costa.

Pero xa facía máis dunha década que non había un enfrontamento tan directo, estas pasadas campañas fóronse turnando uns e outros estiveron separados por xogar en 1ª Galicia mentres o rival estaba na Costa, e cando coincidiron na Costa estes últimos tempos o Corme estáballe a gañar a partida.

Pero esta tempada, cando parecía máis complicado para o Ponteceso por non poder disfrutar de xogar na súa vila, estalle dando a volta o pasado e consegue aguantar no máis alto da táboa mentras os seus veciños están de perseguidores a tan só un punto de desvantaxe.

Os partidos gáñanse con goles e esa pócima estaba no Cairo. Alejo sigue demostrando o seu olfato goleador sendo o pichichi da categoría con 13 goles marcados nos 8 partidos que leva desputados, e desde o Pinguel sabían que para poder pelexar necesitaban algo similar a esa pócima, e acertaron de pleno co fichaxe de Sergio Souto, Xuco, que é o segundo na táboa de goleadores con 12 goles nas 11 xornadas desputadas.

Aún queda moito liga por desputarse, pero a priori vese que vai ser moi entretenida, porque os dous clubes da vila de Pondal están máis fortes que nunca.

Que din os afeccionados
Na Costa futboleira
Os fermosos goles
Do pracido domingo?

Que din as altas gradas
De cores e bufandas
Arropando
Co seu ben Acompasado
Ánimo e cántico?

OUTROS ARTIGOS DE ÁNGEL GARRIDO


 

Comentarios