Sábado. 27.07.2024
El tiempo

O Ponteceso FEM deixa o ascenso para Almeiras

Ponteceso e Almeiras na Promo do ascenso fem
O Ponteceso FEM deixa o ascenso para Almeiras

Aínda coa resaca da Gala, unha das competicións que seguen vivas é a fase de ascenso á 2ª Galicia Feminina. O Ponteceso disputaba a ida da final da fase de ascenso no Pinguel ante un gran Almeiras, quedando todo para o choque de volta.

Non puido contar Curro con Andrea Varela, unha das escollidas como Mellores Dianteiras da Costa, que está de baixa, e será dúbida de última hora para o domingo que vén.

Ponteceso SD - UDJ Almeiras (0-0)

11 do Ponteceso FEM na promocion de Ascenso

  • Ponteceso: María, Noe (Lara), Myre, Ainhoa, Berdeal, Oanes, Eva, Muíño (Laura R.), Silvia, Noemí, Claudia (Lucivili). Tamén: Saray.
Capis de Almeiras e Ponteceso FEM cos colexiados Andrea Barbeira
Alberto Pombo, Tomás Garrido e a xalleira Andrea Barbeira foron os colexiados. Eva Carril, a capi pontecesá

Partido de igual a igual no Pinguel, ambos equipos segundos nos seus respectivos grupos da 3ª Galicia. Moito respecto no campo, cunhas visitantes facendo uso da garra que as caracteriza e as de Curro igualando a forza e empregando a velocidade que teñen. Non houbo moitas oportunidades a destacar. Na primeira parte Oanes tivo a oportunidade de poñer o seu equipo por encima pero o balón tras dar no pau só se pasearía por diante da portería.

Na segunda parte o Almeiras tamén tivo a súa nunha falta que acabaría tocando no largueiro que desviaría o tiro , metras que as pontecesás tiveron un remate de cabeza de Myre que saíu rozando a escadra visitante.

O partido finaliza en táboas polo que se decidirá todo no partido de volta esta semana en Almeiras, de novo partido complicado que para poñer a fin a temporada e pensar en poder competir o ano que vén con Xallas, Cee e Dumbría na 2ª Galega.

Máis novas

Comentarios