Preferente: Unha boa xornada… por fin

Unha vitoria e un empate. A mellor colleita do que vai de curso para os nosos na Preferente. O Sofán, que levaba 6 partidos sen gañar, sumabna de 3 no Carral e saca a cabeza dos postos de descenso. Aínda non pode dicir o mesmo o Fisterra, pero sumou en Lugo o seu terceiro punto e cómpre resaltar que ten os postos de salvación a apenas 2 partidos.
Residencia - Fisterra (1-1)
- Fisterra: Aarón, Lois, Breixo, Jano, Andrés Vigo, Julito, Lobelos, Mario, JOnathan, Jose e Ricardo Coria. Tamén: Mamadou, Hibrahim, Angel e Guillermo.
- Goles: 1-0, m.30; 1-1, m.52: Ricardo Coria.
Competiu, por fin, o Fisterra, cara a cara o Fisterra cun equipo da zona media como o Residencia. Os xogadores deron o 120% e conseguiron acadar un empate xusto, que lle permite volver a sumar tras 5 derrotas consecutivas.
O míster Fabián quere destacar que os xogadores xa empezan a adquirir os conceptos de “orde e tranquilidade”. Pero a gran diferencia foi a presenza de Ricardo Coria, un dianteiro de talla nacional con experiencia en clubs como o Compostela, Flavia, Bertamiráns, Xallas..., que pode ser unha peza diferencial neste equipo.
Así e todo, novos problemas coas lesións, que obrigaron a meter ao porteiro suplente de xogador.
Sofán - Ordenes (3-1)
- Sofán: Brais, Gody, Bece, Alexandre, Fita, Fabián, Dani Pena, Pablo, Bandera, Eibe e Noé. Tamén: Alex, Canedo, Taibo, Dani García, Raúl e Juanjo.
- Goles: 1-0, m.6: Becerra; 1-1, m.24; 2-1, m.60: Fita tras un córner; 3-1, m.75: Fita tras unha xogada por banda.

Importantísima vitoria da SD, que se metía pronto por diante gracias a unha saída con gran intensidade. Puido caer o segundo en varias ocasións pero no ecuador da priemeira o Ordes, nunha das súas poucas chegadas á área de Brais, empataba.
Saíu mandón o cadro de Pablo Torreira na segunda, facendo dano por bandas. Acertaban ademais a balón parado e Fita metía de novo aos locais por diante nun córner. Fixo gala aí de eficacia, e pouco o propio Fita facía o terceiro, xa co partido controlado e mesmo tendo ocasións para ampliar a renda.
