Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Preferente: Cada un na súa liña

Fisterra en Noia
O Fisterra volveu puntuar nun campo como o de Noia
Preferente: Cada un na súa liña

O súper Fisterra sacaba un punto dun campo histórico como o do Noia, e o equipo de Ángel Canosa segue deixando en fala a media liga da Preferente, afianzándose como o equipo revelación da categoría.

Pouco a pouco o Sofán vaise colocando na zona de arriba, desta volta tras unha apurada vitoria ante o Dubra.

O que non levanta cabeza é o Xallas, pechacancelas e único equipo da categoría que non coñece a vitoria.

 

Fisterra - Noia (1-1)

Fisterra: Iván Bouzón, Pablo Vigo, Piti, Muros, Andrés, Aarón López, Herbert, Julián, Capelo, Taboada, Adrián Makaay. Tamén: Jorge, Colomboa, Roa, Enre e Julito.

  • Goles: 0-1, m.55: Aarón López á saída dun córner; 1-1, m.80:

Partido de poder a poder o disputado en Noia, televisado en directo por 5FM, colleitando un punto que sabe a ouro ante un equipo feito para ascender. O cadro noiés levou a iniciativa ao longo do partido pero o Fisterra apenas deixaba ocos. Na primeira metade apenas houbo ocasións.

Adiantáríase o cadro visitante xusto cando mellor estaba o Noia, ao comezo da segunda. Foi o Noia apretando, e xa obrigou a Iván Bouzón a facer un par de boas intervencións antes do empate, que chegaría tamén nunha xogada a balón parado a 10 para o remate.

Noia CF-Fisterra SD from 5TV Internet on Vimeo.

 

Sofán - Dubra (2-1)

  • Sofán: Alex Lopez; David Castro (Rubén, m.75), Gody, Becerra, Viqueira; Canedo (Juanjo, m.21), Fabián, Eibe (Carro, m.71); Matías (Raul Añón, m.78), Alexandre e Raúl.
  • Goles: 0-1, m.18: David Castro en propia; 1-1, m.40: Alexandre de tiro cruzado; 2-1, m.44: Juanjo tras unha falta ltaeral que prolonga Viqui.

11 do Sofan-Foto-SD
11 do Sofán-Foto-SD

Partido entretrido no Carral cunha primeira metade moi igualada. Empezou pronto a SD avisando das súas intencións con dúas ocasións de Raúl e un centro de Viqueira ao que non chega Canedo. Pero o cadro visitante se adiantaba pouco despois tras unha falta que remacha David Castro en propia.
A SD seguía chegando con saídas dende atrás gracias a un Gody imperial. Nunha desas Alexandre remata ao longueiro un centro de Matías Navarrete. Pero tamén o Dubra avisaba pero Álex estaba firme. Antes do descanso empataría Alexandre, e neses minutos nos que a defensa visitante se desaxustou conseguía darlle a volta ao marcador. .

Saíu en tromba na segunda a SD sobre a meta de Iván Baña, nos primeiros 5 minutos produciuse un tiro de Raúl, outro de Jacobo e dous de Alexandre, un deles de novo o largueiro. Ao m.65 chegou a xogada polémica do partido donde nunha disputa entre Raul e Anxo o colexiado interpretou a falta de forma moi severa e mostrou o cartón vermello sobre o capi sofanista.
O Sofán tivo que reaxustar o sistema para non pasar apuros e para conter os arreóns do Dubra por buscar o empate, cousa que fixo ben coas entradas de Rubén e Raul Añon no campo.

 

Xallas - Sigüeiro (1-4)

  • Xallas: Coke. Marcos Mouro, Cris, Jacobo (Lagoa), Asier, Jordan, Borja, Marcos, Juan de Celia (Manuel), Blanco (Carlos) e Pablo (Doro).
  • Goles: 0-1, m.25; 1-1, m.27: Juan de Celia; 1-2, m.38; 1-3, m.60; 1-4, m.80.

Cada partido estase convertindo nunha final para o cadro xalleiro, pero comezar cun regalo págase. Así e todo reaccionou o cadro de Adrián Lema, e Juan de Celia demostrou a súa calidade marcando un gol dende fóra da área tras unha xogada individual.

Non conseguía, en todo caso, superar a un serio e cómodo Sigüeiro, . Non foi o noso día xa que en ningún momento fomos capaces de superar a un sigueiro muy serio e muy cómodo a raíz de esto marcaron os outros 3 goles e non fomos capaces de racionar e crear peligro. Foi un mal día donde estubemos escasos de ideas e non tubemos o día  

TODAS AS TÁBOAS DE RESULTADOS E CLASIFICACIÓNS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

Comentarios