Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Preferente: Un exercicio de desperdicio

Victor Casais con Veneno
A nova fichaxe Victor Casais, co presi do Fisterra, Veneno
Preferente: Un exercicio de desperdicio

Mala xornada para os cadros costeiros. O Fisterra, tras unha gran primeira, botaba por terra o bo traballo cuns 20 minutos horribles e xa non puido volver a empatar, sumando xa 4 partidos sen gañar.
Peor está o Xallas, tras 9 partidos sen coñecer a vitoria, e con só 4 puntos no taboleiro.

 

Boimorto - Fisterra (3-2)

  • Fisterra: Iván Bouzón; Cea, Lobelos, Pablo Vigo, Cristian; Aarón López, Julián, Estévez, Vía Rápida, Esteban Capelo, Dani Fraga. Tamén: Diego Cespón, Adrián Makaay, Víctor Casais, Richi, Colombia.
  • Goles: 0-1, m.30: en propia; 1-1, m.53; 2-1, m.65; 3-1, m.67; 3-2, m.78: Capelo.

Derrota dura para o equipo de Juan Purrúa, que despois de facer unha gran primeira metade, co domingo, un gol, 3 balóns ao pau e sen deixar que lle chegasen, tirou o partido por terra nos primeiros 20 minutos da segunda metade. Foron ao descanso coa idea de deixar sentenciado o choque, aberto cun tanto en propia dos locais, pero as dúbidas os erros garrafais atrás e a falta de confianza permitiu que os locais lle deran a volta ao choque. Co 3-1, coa entrada de Víctor Casais, muradán recén fichado para a zona de ataque, e Diego Cespón o cadro verde foi algo máis arriba pero non foron capaces máis que de recurtar por medio de Capelo.

Sigüeiro - Xallas (4-2)

  • Xallas: Álvaro, Aitor, Xan Caridad, Julito, Josito, Jorge, Carlos Rieiro, Brais, Doro, Stefan, Diego. Tamén: Adrián Periscal, Caneda, Borja Gándara, David Friera, Adrián López, Juan de Selia.
  • Goles: 1-0, m.33; 2-0, m.36; 2-1, m.62: Josito; 3-1, m.81; 4-1, m.86: 4-2, m.90: Juan de Selia.

Comezou o choque moi igualado ata que á media hora, cando o choque se decidía pola expulsión aos 25 minutos de Brais. Apenas uns minutos despois o central local marcaba un golazo de Champions pola escuadra dende 30 metros, e aos poucos facían o segundo. Veuse abaixo por minutos o Xallas, pero non deu o partido por perdiron e saíron na segunda metade a por todo e conseguiron recurtar e apretar. Durante 10-12 minutos parecía que o campo se inclinaba ata a área local cun Xallas de David González presionando, roubando e chegando arriba. Pero en dous erros defensivos caeron os goles da sentenza.


 

Comentarios