Venres. 26.04.2024
El tiempo

Preferente: Por fin dúas vitorias costeiras

Taibo Sofan en Ordes-FotoLuis Gonzalez
Taibo Sofan en Ordes-FotoLuis Gonzalez
Preferente: Por fin dúas vitorias costeiras

Primeira vez na temporda que os dous equipos costeiros na Preferente suman vitoria. O Sofán sumou o seu 9º partido sen coñecer a derrota vencendo nada menos que no histórico Municipal Vista Alegre de Ordes, mentres que o Fisterra sumaba a súa segunda vitoria do curso na casa ante un Residencia da zona media, dando conta da melloría dos de Cali, que está conseguindo que o equipo, con xente da casa, compita na categoría.

Fisterra - Residencia (4-3)

  • Fisterra: Cote, Jose, Julito, Breixo, Juan, Andrés Vigo, Gabri, Mario, Luisete, Lobelos e Adrián Makaay. Tamén: Isaías, Lois, Ibra, Juan, Adam, Aarón e Guille.
  • Goles: 1-0, m.37: Adrián Makaay; 1-1, m.48; 1-2, m.58; 2-2, m.65: Adrián Makaay; 3-2, m.79: Breixo; 3-3, m.90; 4-3, m.92: Julito de penalti.

SD Fisterra ganando en Ara Solis

Dous tantos de Makaay, un golazo de Breixo e un penalti aproveitado por Julito serviron para que o Fisterra conseguise a súa primeira vitoria na casa.
Comezaba moi ben o Fisterra, tendo ocasións claras na primeira, tendo tamén que sacar unha Cote boa. Tivo algo de sorte no final da primeira con ese tanto de Makaay que permitía ir adiante ao descanso.

Comezaba unha tola a segunda metade coa expulsión de Andrés Vigo e o empate dos lucenses na mesma falta. Baixón fisterrán que recibe o segundo nun córner. Pero non se rendeu o cadro fisterrán, que se veu arriba cun menos, pero apretando arriba. Makaay empata e o equipo seguía percutindo, ata que Breixo dende o medio campo marca un golazo dende o medio campo.

Este era o segundo de Makaay:

Cando o partido esmorecía os visitantes empataban, o cadro visitante empata, pero o Fisterra non acaba de renderse e volve envorcarse, mesmo con 9 pola lesión de Adam, consegue volver meterse por diante cun penalti que non fallaba Julito.

Ordes - Sofán (0-1)

  • Sofán: Brais, Juan, Gody, Fita, Fabián, Dani Pena, Dani Garcá, Pablo Parafita, Brais Cancela, Bandera e Juanjo. Tamén: Álex, Noe, Taibo, Gallego, Jacobo e Montero.
  • Gol: 0-1, m.88: Taibo.

Sofan en Ordes-FotoLuis Gonzalez

De tolos do deste Sofán de Pablo Torreira, sumando o seu 9º partido sen perder, desta volta mesmo traendo os 3 puntos de volta a casa. Os carballeses cedían o mando no comezo do partido, sen permitir chegadas claras, e buscando transicións coa mobilidade de Dani Pena e as accións a balón parado como a que remataba Cancela fóra.

Na segunda, os vermellos subiron liñas, e foron dominadores ante un Ordes que non conseguía manter o ritmo dos costeiros. Avisaban Fabián, Juanjo, Gody, Bandera, Eibe… pero o balón non entraba. Ata que xa no último suspiro, co Ordes con 10 pola expulsión do porteiro, a SD sería capaz de poñer o 0-1 por medio de Taibo tras un gran centro de Raúl Pérez, o xuvenil que o sábado se proclamaba campión de Liga e o domingo era protagonista na Preferente.

Xoves, nova xornada no Carral.

TODAS AS CRÓNICAS DA PREFERENTE

AS TÁBOAS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

Comentarios