Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Preferente: O Fisterra freou a serie do Xallas

Xallas-Fisterra en Fontenla
Preferente: O Fisterra freou a serie do Xallas

Cruzamento de rachas en Fontenla, e gañou o que peor chegaba. Chegaba o Xallas con 3 vitorias nos 3 últimos partidos, pero os puntos foron para o Fisterra, que suma 3 puntos fundamentais para retomar a senda da vitoria tras un mes sen competir e 2 meses cunha situación estrana tanto a nivel colectivo como individual, e sen coñecer a vitoria.

3 puntos que lle permiten ao Fisterra non caer na zona de perigo, aínda con 3 partidos para mesmo engancharse co segundo grupo. 3 puntos que non suma o Xallas que os deixa tocados na parte baixa.

Xallas - Fisterra (2-3)

  • Xallas: Coke, Aitor, Diego, Julito, Jorge Colón, Borja, Doro, Brais, Carlos, Alex Blanco e Stefan. Tamén: David, Xan Caridad, Adrián López, Erre e Juanma.
  • Fisterra: Iván Bouzón, Pablo Vigo, Breixo, Víctor Casais, Aarón Fdez., Aarón López, Diego Cespón, Julián, Capelo e Adrián Makaay. Tamén: David, Colombia, Dani Rubia, Riki, Vía e Estévez.
  • Goles: 1-0, m.15: Alex Blanco de penalti; 1-1, m.35: Capelo de penalti; 1-2, m.57: Capelo de penalti; 1-3, m.64: Víctor Casais dende fóra da área; 2-3, m.85: Julito.

Partido estrano en xeral, mesmo pola parte arbitral, con 3 penas máximas, que comezaba cun Xallas máis forte, ante un cadro fisterrán cunha clara falta de ritmo, con erros e concesións defensivas. Pero o primeiro gol de penalti de Álex Blanco fíxolles, case de xeito inconsciente botarse algo atrás aos de David González. O Fisterra comezou a chegar á área de Coke, e na segunda pena máxima empataba o cadro de Porrúa.

Comezaba a segunda metade de xeito igualado e se rompía co terceiro penalti (non de todo claro para os xalleiros). O Xallas non acababa de entrar no partido, e Víctor Casais facía o terceiro cun bo gol dende fóra da área. Espertou o equipo local que volvía volcarse sobre a área de Bouzón, e Julito conseguía recurtar. Aínda tivo o 3-3 Juan de Celia pero o empate non chegaría.

 

Comentarios