Luns. 20.05.2024
El tiempo

Preferente: Sen goles pero con puntos

Breixo e compis do Fisterra en Ara Solis
Breixo e Cia en Ara Solis
Preferente: Sen goles pero con puntos

Doble empate sen goles de Fisterra e Sofán nos choques da xornada 33 da Preferente, con aínda 5 por xogar. Os carballeses seguen na 5ª praza, mentresque os fisterráns continúan competindo con todos, e sumando puntos.

Fisterra - Órdenes (0-0)

  • Fisterra: Cote, Jose, Lois, Jano, Aarón, Breixo, Mario, Álex Vázquez, Andrés Vigo, Ibra e Guille. Tamén: Isaías, Alex Trillo e Jose Romero.

Con moitas baixas chegaba o cadro de Cali a este partido da mañá dominical, sen poder xogar cos xuvenís habituais que se xogaban a Copa. Ademais, Ibrahim e Jose lesionábanse na primeira metade.
Na primeira metade o Órdenes intentou combinar, que na primeira metade endosaron 7 ao cadro fisterrán. Desta volta o equipo fisterrán estivo moi firme e só un erro na saída do balón do porteiro local permitiu un man a man que acabou salvando o propio Cote.

Na segunda, tralas lesións, sen esa referencia arriba, o cadro local aguantou, cun Órdenes que ante non tiñan pegada comezaron a colgán balóns, pero se atoparon con And´res e Breixo que estiveron espectaculares. Na outra área, co Órdenes envorcado, chegaron un par de ocasións fisterráns, como unha falta de Jano, unha cablagada de Guille para por un suposto fóra de xogo, e ata Isaías, o porteiro suplente que entraba como xogador de campo, tivo o gol da vitoria nun rexeite.

Gran papel do cadro de Cali, que demostra competir ante calquera.

At. Montañeros - Sofán (0-0)

11 do Sofan na Grela

  • Sofán: Brais, Iván, Diego, Becerra, Fabián, Dani Pena, Dani García, Brais Cancela, Pablo Parafita, e Eibe. Tamén: Alexandre, Alex Mallo, Miguel Taibo, Gallego, Bandera e Juan Díaz.

Soso empate na Grela na tarde deste domingo,

TODAS AS CRÓNICAS DA PREFERENTE

AS TÁBOAS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

Comentarios