Venres. 26.04.2024
El tiempo

Preferente: Golpe enriba da mesa da SD

Gol do Sofan no Carral
A SD celebrando un tanto no Carral ante o Victoria-Foto. SD
Preferente: Golpe enriba da mesa da SD

Recibía no Carral o Sofán ao Victoria, que chegaba a só 3 puntos. E marchou con 4 goles no lombo e 6 puntos de diferencia, os que ten agora a SD de vantaxe sobre o 3º clasificado, os que ten de marxe para pasar á seguinte fase polo ascenso a falta de 4 partidos.

Mentres, o Xallas afúndese máis, e mantense pechacancelas do seu grupo.

Preferente, Gr. A, xornada 10

11 do Sofan ante o Victoria

  • Resultado: Sofán- Victoria (4-2)
  • SD: Brais; Iván Martínez, Becerra, Iriso (Gody, m.65), Viqueira (Añón, m.75); Eibe (Vía Rápida, m.80), Fabián, Diego; Paulo, Martín (Alexandre, m.69), Raúl (Dopico, m.72).
  • Goles: 1-0, m.11: Becerra remata un córner botado por Eibe; 1-1, m.27; 2-1, m.28: Raúl a centro de Martín; 3-1, m.65: Paulo de trallaxo pola escuadra; 3-2, m.90: de penalti; 4-2, m.92: Paulo a pase de Alexandre.

Empezou o partido cun ritmo moi alto, e xa nos primeiros minutos avisaban Raúl e , pouco antes de que Becerra abrise o marcador nunha xogada a balón parado. O Victoria respondía probando a Brais, e nun erro da defensa local o punta visitante Andrés Pérez aproveitaba un dubidoso pase atrás de Viqueira ao que non chegaba Brais para facer o empate.

Apenas un minuto despois Raúl remachaba a gol un centro de Martín, deixando o 2-1 ata o descanso.

Comezaba a segunda áis tranquila, sen demasiados sobre saltos, como previa para a voráxine de goles na segunda metade. Paulo abría a veda no ecuador do segundo tempo cun trallazo, pero o Victoria non se daba por perdido e se metía no partido xa case sobre o pitido final dende os 11 metros. Non lle tocou sufrir á SD, que na seguinte xogada, tras un roubo de Dopico, Paulo sentenciaba.

   Sofan ante o Victoria

Novas relacionadas

Os resultados e as táboas en www.futboldacosta.com

Crónicas da Preferente

Comentarios