Venres. 26.04.2024
El tiempo

Preferente: Makaay non deixa afundir o barco

Sofan-Dubra-Foto-Luis Gonzalez
Fita ante o Dubra-Foto-Luis González
Preferente: Makaay non deixa afundir o barco

Revulsiva foi a volta de Adrián Makaay a Ara Solis. A súa saída e o paradón de Cote a un penalti nos últimos instantes, permitiron ao Fisterra sacar un puntiño. Un puntiño que non lle serve para aspirar á permanencia (son xa 11 os que lle sacan os que marcan a salvación), pero si para afrontar unha segunda volta de xeito competitivo.

Deixouse, curiosamente no Carral, o Sofán a serie de 7 partidos sen perder. Os de Torreira deixáronse sorprender por un bo Dubra e pasan de poder colocarse 6º a quedar na 12ª praza.

Fisterra - At. Coruña Montañeros (2-2)

  • Fisterra: Cote, Juan, Lobelos, Aarón, Julito, Andrés Vigo, Luísete, Mario, Islam, Ibra, Ricardo Coria. Tamén: Isaías, Lois, Adrián Makaay e Jose, Alex, Guille e Hibrahim.
  • Goles: 0-1, m.3; 0-2, m.24; 1-2, m.78: Guille; 2-2, m.81: Adrián Makaay de penalti.

Non se veu abaixo o Fisterra, como vén acontecendo ao longo do ano, tras encaixar demasiado pronto o primeiro gol. A pesar de ter enfronte un dos de arriba, os de Kali non lle perderon a cara ao partido, e se ben sufriron un segundo golpe no ecuador da primeira metade. Cambiou aí o adestrador a Islam e o equipo mellorou.

Os herculinos confiáronse e os fisterráns pecharon filas e remaron toda a segunda metade. A saída de Guille e sacar a Juan máis arriba, ademais da saída de Makaay, permitiron ao equipo mellorar moito e poder rasear máis o balón.
Non tiveron fisuras (apenas permitiron unha ocasión que salvou Cote) e foron chegando as ocasións dos locais. O parón polo susto que deu Ibra, que sufriu un esvaecemento e foi trasladado en ambulancia afortunadamente xa durmiu en casa), parou o vendabal fisterrán.

Pero mantivo o ritmo, a pesar da mala arbitraxe, o cadro local, e Guille fixo un auténtico golazo para meter ao equipo de cheo no partido.
Minutos despois, xa con Makaay no campo de volta tras varios meses, penalti a favor para poñer o empate.

Pero xusto despois, penalti en contra que salvaba o meta carballés Cote.

 

 

Sofán - Dubra (2-4)

11 do Sofan-Foto-Luis Gonzalez
11 do Sofan-Foto-Luis Gonzalez
  • Sofán: Brais, Noé, Gody, Becerra, Fita, Taibo, Fabián, Dani García, Paulo, Juanjo e Eibe. Tamén: Álex, Canedo, Dani Pena, Brais Cancela, Gallego, Bandera e Montes.
  • Goles: 0-1, m.28: de penalti; 1-1, m.31: Eibe de penalti sobre Becerra; 1-2, m.37: Cea; 2-2, m.46: Taibo; 2-3, m.66; 2-4, m.74.

Gardou o Sofán un minuto sen xogo como mostra de apoio ó colectivo arbitral da Subdelegación da Costa.

O cadro de Pablo Torreira saía enchufado e pronto Taibo mandaba á rede un centro de eibe pero o colexiado anulaba por fóra de xogo. A primeira media hora non tiña dominador, e en 3 minutos dúas penas máximas deixaban o empate ata que antes do descanso o Dubra se metía por diante nunh transición tras un roubo no medio campo.

Saíu moi forte a SD que empataría de contado, cun remate de Taibo a un centro de Paulo, superando ao meta costeiro Dani Fedello. Non apretou máis aí o cadro local e o Dubra aproveitou un saque de banda polémico para marcar tras varios rebotes. Quedaban 25 minutos pero o Sofán estivo demasiado precipitado, foise arriba pero deixou demasiados espazos e os visitantes aproveitaron para romper a serie de 8 partidos sen perder.

Todas as crónias da Preferente

Comentarios