Martes. 15.10.2024
El tiempo

Preferente: De mal en peor

11 do Sofan en Noia-Foto-Luis gONzalez
11 do Sofán en Noia-Foto-Luis González para a SD
Preferente: De mal en peor

Crúa goleada, outra máis, a que recibiu o Fisterra en Noia. O cadro de Ángel e Isidro queda ademais pechacancelas trala inesperada derrota do Sofán en Rianxo ante un Unión que sumou a súa primeira vitoria e adianta aos fisterráns nesta 8ª xornada.

Noia - Fisterra (7-0)

  • Fisterra: Aarón, Breixo, Juan, Andrés Vigo, Julito; Lobelos, Alex Vázquez, Jose, Mauro, Mamadou, Hibrahim. Tamén: Ángel, Aarón, Jonathan, Lois e Martín Canosa.

Moi superior o cadro da Barbanza, marcando xa aos 6 minutos, e xogando a outra cousa, practicamente dicíndolle ao club da fin da terra que vai ter que fichar para aguantar de categoría, como recoñecen os propios membros do equipo.

Unión Asados - Sofán (1-0)

  • Sofán: Brais, Iván Martínez, Noé, Diego Rod., Iván Canedo, Alexandre, Dani Pena, Dani García, Pablo Parafita, Bandera e Eibe. Taén: Becerra, Mario, Iván Parafita, Miguel Taibo, Juanjo e Alex Montes.
  • Gol: 1-0, m.30.

Saíu mandón o equipo de Pablo Torreira, buscando saír co balón dende atrás, ante un cadro local que buscaba roubar e sacar transición rápidas. Nun erro na saída, os locais metíanse por diante. A partir de aí sería un quero e non podo para os carballeses que conseguiron manter lonxe da súa área aos locais, pero que non puido materializar ningunha das ocasións creadas, sobre todo tres de Eibe, Alexandre e Bandera.

Os bergantiñáns quedan con 6 puntos, 2 sobre o descenso.

Todas as crónicas de Preferente

A táboa en futboldacosta.com

Comentarios