Preferente: O Negreira alonxa ao Sofán da pelexa no desconto

Fotos da SD

Terceira derrota en catro partidos para o cadro carballés, que como se lle escapa o vagón da promoción. Onte, no Carral, o Negreira, 2º na táboa, deixou sen premio ao Sofán no desconto, quedando así os carballeses despois desta 23ª xornada, na7ª pero só a 3 puntos da 5ª praza.

Sofán - Negreira (1-2)

  • Sofán: Brais Gómez, Alexandre, Iván, Álex, Dani; Ivan Parafita, Fabián; Martín, Paulo, Montero e Eloy Díaz.
  • Goles: 0-1, m.1: Gonzalo; 1-1, m.23: Alexandre de penalti; 1-2, m.90: Ángelo.

Un gol nada máis comezar do eterno Gonzalo daba vantaxe ao Negreira no Carra. Recuperábase pouco a pouco o cadro de Torreira, e empataba bo ecuador no primeiro tempo.

A segunda foi un partido moi igualado, con opcións para os dous equipos, pero xa no desconto, foi Ángelo, ex xogador do Boiro, o que lle daría os tres puntos ao cadro nicrariense.

Todas as Crónicas da Preferente

Máis info