Preferente: O Sofán colle praza no segundo vagón
10 vitorias e 1 empate suma o Montañeros, que parece que este ano vai directo á 3ª RFEF. Pero no segundo vagón, loitando polos postos de promoción, vemos xa ao Sofán. 4 equipos, entre eles o cadro carballés, suman 22 puntos, 9 menos que o líder, pero con dous terzos da liga aínda por diante para facer soñar aos seus afeccionados, que vén como o final das eternas obras do Carral pouco a pouco vai chegando.
Sofán - Órdenes (1-0)
- Sofán: Brais, Alexandre, Iván, Álex Sánchez, Dani, Fabián (C), Marcos Montero, Martín, Iván Parafita, Braian e Eloy.
- Goles: 1-0, m.29: Marcos Montero.
Vitoria cimentada nunha gran defensa na que brillaron Iván e Álex Sánchez Barrientos, moi seguros odo o partido. Un solitario tanto de Marcos Montero foi suficiente para manter os puntos na casa, tras unha segunda metade na que o cadro visitante arriscou. Pero os de Pablo Torreira non sufriron demasiado (algo máis nos últimos minutos polos balóns colgados do rival) e ben puideron ter sentenciado nas contras de Alexandre, Martín ou Paulo.
Todas as Crónicas da Preferente
- X.10: O Sofán volve aos postos nobles.
- X.9: O Sofán deixa escapar dous puntos do Carral.
- X.8: O Pol frea ao Sofán tras 4 vitorias seguidas.
- X.7: O Sofán pode con todo un #CopadoRei.
- X.6: O Sofán xa se cola na zona noble.
- X.5: O Carral volve ser un fortín.
- X.4: A SD reivindícase co balón.
- X.3: O Carral volve sufrir.
- X.2: A expulsión de Noé deixa ao Sofán sen premio.
- X.1: O Sofán comeza mandando dende atrás.
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.
Máis info
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.