venres. 24.01.2025
El tiempo

Preferente: O líder invicto non pode co Sofán

Fabian no Sofan-Montaneros
Fabian no Sofán-Montaneros
Preferente: O líder invicto non pode co Sofán

Recibía, nesta xornada 13, o Sofán ao imparable líder no Carral, xa coa nova bancada preparada para o choque. Pero o Atl. Coruña Montañeros non puido superar ao equipo de Pablo Torreira, e só levaron un puntiño do campo carballés. O punto mantén ao Sofán na 2ª praza, 9 por debaixo do propio líder, pero con 2 de vantaxe sobre o Negreira, e 3 sobre Sigüeiro e Cidade de Ribeira.

O Carral campo sofan coa grada nova
A nova bancada do Carral

Preferente, xornada 13

  • S.D. Sofán - Atl. Coruña Montañeros (1-1).
  • Sofán: Brais; Alexandre, Álex Sánchez, Iván, Dani; Iván Parafita, Fabián; Martín, Marcos Montero, Braian e Eloy.
  • Goles: 1-0, m.20: Braian; 1-1, m.70: Pape Gaye.
Brais no Sofan-Montaneros
Brais co balón

Resistiu o Carral, cun ambiente espectacular, o paso do potente líder (ollo, chegaba con 11 vitorias e 1 empate…) O cadro local entrou moi ben no partido, e pedía mesmo un cartón vermello por unha entrada sobre Fita, cando encaraba porta. Pronto Braian rompía á igualada tras un bo recorte.

Na segunda metade o equipo local estaba controlando ben os tempos do partido, pero o herculino comezaba a apretar, entrando ben por bandas. Así chegaba o gol do empate a 20 do final.

Parecía que os dous equipos daban por bo o empate, e o partido moi morrendo sen riscos.

Todas as Crónicas da Preferente

Máis info

Comentarios