Preferente: O Sofán cae ante un rival directo

10:00 17/02/25
Importante derrota a colleitada polo Sofán en Ribeira, ante un rival directo na loita pola promoción. Os dous equipos chegaban empatados a esta xornada 22, xogándose a última praza do playoff, e o cadro de Torreira acaba na 7ª praza, a 3 do propio Ribeira e do Miño, aínda con todo aberto, en calquera caso.
Cidade de Ribeira - Sofán (1-0)
- Sofán Brais Gómez; Alexandre, Iván, Álex, Dani; Montero, Fabián; Martín, Paulo, Braian e Javi Souto.
- Gol: 1-0, m.36: Fernando González.
Non puido o equipo carballés traer nada positivo do campo da Fieiteira. A primeira parte foi máis igualada, con ocasións nas dúas áreas, pero os locais se puxeron por diante no marcador.
Na segunda saíu mellor o Ribeira, que tivo opcións de ampliar a renda, pero os últimos 15 minutos o cadro vermello pechou ao rival no seu campo e tiveron ocasións para acadar un empate que nunca chegou.
Todas as Crónicas da Preferente
- X.21: O Sofán recupera terreo co primeiro vagón.
- X.20: O Sofán deixa escapar en Miño o primeiro vagón:
- X.15: O Sofán mantense no podio.
- X.14: O Paisaco leva o derbi bergantiñán.
- X.12: O líder invicto non pode co Sofán.
- X.11: O Sofán colle praza no segundo vagón.
- X.10: O Sofán volve aos postos nobles.
- X.9: O Sofán deixa escapar dous puntos do Carral.
- X.8: O Pol frea ao Sofán tras 4 vitorias seguidas.
- X.7: O Sofán pode con todo un #CopadoRei.
- X.6: O Sofán xa se cola na zona noble.
- X.5: O Carral volve ser un fortín.
- X.4: A SD reivindícase co balón.
- X.3: O Carral volve sufrir.
- X.2: A expulsión de Noé deixa ao Sofán sen premio.
- X.1: O Sofán comeza mandando dende atrás.
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.
Máis info
- Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.