mércores. 12.02.2025
El tiempo

Preferente: O Paisaco leva o derbi bergantiñán

Paiosaco SD Sofan
Fotos: SD
Preferente: O Paisaco leva o derbi bergantiñán

5 xornadas sen perder levaba o Sofán ata a súa visita a Paiosaco. Pero os da Laracha venceron aos carballeses, provocando que o segundo vagón, tralo intratable Montañeros, se aprete de xeito considerado. Sofán e Sigüeiro comparten a 2ª praza con 26 puntos, pero é que ata o 9º posto apenas hai 4 puntos de diferencia.

Preferente Norte, Xornada 14

SD Sofan en Paiosaco

  • Sofán: Gardu; Alexandre, Álex Sánchez, Iván, Noé; Iván Parafita, Marcos Montero; Martín, Paulo, Braian e Eloy.
  • Goles: 1-0, m.63: Iván Amor de penalti; 2-0, m.72: Pablo Rod. tras un barullo na área; 2-1, m.86: Martín.

Partido moi parello no municipal de Paiosaco, con moito respecto nunha primeira metade na que apenas houbo nada que reseñar máis que un par de xogadas illadas dos locais.

Comezaba a segunda algo máis movida, e Braian tiña de cabeza o posible 0-1. Pero case que na seguinte xogada, os locais se adiantaban por un penalti. Apenas 5 minutos despois o Paiosaco ampliaba a vantaxe.

Non se rendeu o cadro de Pablo Torreira que comezou a apretar, chegando como nun man a man de Paulo que para o porteiro local. Preto do final Martín recortou distancias cun lanzamento desde fóra da área, e poñendo interese ao treito final do partido, pero os carballeses non conseguían sumar.

Todas as Crónicas da Preferente

Máis info

Comentarios