luns. 17.02.2025
El tiempo

Preferente: O Sofán deixa escapar en Miño o primeiro vagón

Mino-Sofan
Foto: SD
Preferente: O Sofán deixa escapar en Miño o primeiro vagón

Dura derrota onte do Sofán en Miño. O equipo de Pablo Torreira chegaba a 3 puntos do cadro herculino, pero a derrota provoca que agora sexan 6, caendo á 7ª posición, tras partidos sen gañar.

Preferente Norte, xornada 20

Miño - Sofán (1-0)

11 do SD Sofan en Mino

  • Sofán: Pablo Gardu; Javicho, Álex, Noé, Dani; Montero, Iván Parafita; Martín, Paulo, Braian e Javi Souto.
  • Gol: 1-0, m.55: David Pájaro de penalti.

Comezaba o partido con 15 minutos sen riscos por parte dous dos equipos, ata que o cadro carballés parecía estirarse, cun par de chegadas, nas que non estiveron acertados.

A igualdade sería a protagonista na segunda metade, coas defensas impoñéndose sempre aos ataques, e só unha pena máxima foi capaz de desequilibrar a balanza para os locais.

Todas as Crónicas da Preferente

Máis info

Comentarios