Preferente: O Sofán recupera terreo co primeiro vagón

Tras tres partidos sen gañar, o Sofán recuperaba a senda da vitoria vencendo na casa ao Val. A boa nova foi acompañada ademais polo resultado dos equipos que lle preceden e que ocupan os postos de promoción. Só o Negreira conseguiu vencer, se ben o Sigüeiro empatou co líder, o Miño caeu co Lemos e o Cidade de Ribeira non pasou do empate ante o Mugardos, outra demostración do complicada que é esta categoría.
Así, os de Torreira comparten a 5ª praza con 35 puntos co Cidade de Ribeira, a 3 do Miño, a 5 do Negreira, a 6 do Sigüeiro e aínda a 9 do Montañeros.
Preferente Norte, xornada 21
Sofán - O Val (5-2)
- Sofán: Brais Gómez, Raúl, Iván, Noé, Braia, Montero, Iván Parafita, Martín, Paulo, Dani Pena e Eloy.
- Goles: 1-0, m.30 Eloy Díaz; 1-1, m.50: Emilio Viqueira; 2-1, m.53: Martín; 2-2, m.64: Manuel Pol de penalto; 3-2, m.69: Javi Souto; 4-2, m.77: Pablo Parafita: 5-2, m.81: Eloy Díaz.
Custoulle ao cadro carballés bater a un cadro ferrolán que por dúas veces conseguía levantarse dos golpes da SD. Pero non deixou de ir pola vitoria o cadro vermello, e uns 25 últimos minutos excepcionais, co acerto de Javi Souto, Fita e Eloy, permitiron sacar tres puntos fundamentais para seguir na pelexa por todo.

Todas as Crónicas da Preferente
- X.20: O Sofán deixa escapar en Miño o primeiro vagón:
- X.15: O Sofán mantense no podio.
- X.14: O Paisaco leva o derbi bergantiñán.
- X.12: O líder invicto non pode co Sofán.
- X.11: O Sofán colle praza no segundo vagón.
- X.10: O Sofán volve aos postos nobles.
- X.9: O Sofán deixa escapar dous puntos do Carral.
- X.8: O Pol frea ao Sofán tras 4 vitorias seguidas.
- X.7: O Sofán pode con todo un #CopadoRei.
- X.6: O Sofán xa se cola na zona noble.
- X.5: O Carral volve ser un fortín.
- X.4: A SD reivindícase co balón.
- X.3: O Carral volve sufrir.
- X.2: A expulsión de Noé deixa ao Sofán sen premio.
- X.1: O Sofán comeza mandando dende atrás.
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.
Máis info
- Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.