Preferente: Un parón para cambiar o chip
Rematou este primeiro tramo de campionato, e non o puido facer o Sofán coa 7ª vitoria consecutiva, pero si sumando un unto ante o Lemos que o deixa ao remate do ano nunha máis que espectacular 8ª posición.
Onde si había moitas gañas de parón é en Fisterra. Un parón máis que necesario para cambiar o chip e buscar novos obxectivos, como recoñece o segundo de abordo, Kali. O equipo remata o ano de pechacancelas, sen unha soa vitoria e a coa necesidade de ir pasiño a pasiño nesta longa singradura pola Preferente.
Ribadeo - Fisterra (7-1)
- Fisterra: Aarón, Ángel, Lois, Aarón Dom., Breixo, Jano, Mario Snelle, Juan Trillo, Ricardo Coria e Jose. Tamén: Diego, Jonathan, BIlal, Mauro Castro, Guille Lago.
- Goles: 0-1, m.13: Ricardo Coria; 1-1, m.32; 2-1, m.56; 3-1, m.62; 4-1, m.70; 5-1, m.72; 6-1, m.80; 7-1, m.88.
Aguantou este #babyFisterra case unha hora de xogo. Mesmo se metía por diante (na única contra ben sacada), cunha primeira metade na que o cadro de Fabián e Kali estivo moi ben plantado, cun esquema diferente das últimas xornadas, pero moi cómodos. Os locais dominaban, e tocaban, e mandaron un par de balóns ao longueiro e unha boa parada de Aarón en varias xogadas a balón parado.
Pero no comezo da segunda, unha indecisión entre a defensa e o porteiro e un penalti inocente, desconectou por completo ao equipo, que se marchou e acabou goleado.
A mellor nova é que os Xuvenís vanse asentando e teñen moito futuro no club.
Sofán - Lemos (2-2)
- Sofán: Álex López, Iván, Noé, Gody, Canedo; Alexandre, Fita, Dani García, Paulo, Bandera, Eibe. Tamén: Brais, Fabián, Dani Pena, Raúl, Marcos Montero e Juanjo.
- Goles: 1-0, m.28: Bandera; 1-1, m.32: Roberto; 2-1, m.57: Bandera; 2-2, m.68.
Xornada festival no Carral, a pesar do empate. A boa serie de resultados do cadro de Pablo Torreira fixo que o club quixese tamén agradecer o papel desta afección exemplar, e despois do choque na xornada sabatina o club metía uns pinchos para todos os que quedasen no Carral.
O choque foi moi igualado, co cadro Sofán sempre un paso por diante, meténdose ata dúas veces por diante no marcador. Pero o club lucense non se deixou ir e respondía a cada golpe local.