Martes. 16.04.2024
El tiempo

Preferente: O Sofán fai os deberes e afronta unha final de infarto no Carral

Sofan en Lemos
O Sofán fixo os deberes en Monforte
Preferente: O Sofán fai os deberes e afronta unha final de infarto no Carral

O vindeiro domingo no Carral espérase un partido non apto para cardiacos. Co Noia xa ascendido, na última xornada desta segunda fase só queda unha praza de ascenso para 3 equipos. Sofán, Sarriana e Boiro chegan empatados a puntos á última cita, tendo no Carral un Sofán-Boiro de infarto.

Non lle viu ben a vitoria dos lucenses hoxe á SD, pois non lle serve só a vitoria, senón que, ademais de gañar ao Boiro, ten que facer mellor resultado que a Sarriana, con quen está igualado a puntos, empatou no único choque disputado entre ambos, e teñen os mesmos goles a favor e en contra.

Preferente, 2ª Fase, Gr. Norte 1, xornada 4

  • Resultado: Lemos - Sofán (0-2)
  • SD: Brais; Iriso, Gody, Becerra (Aye, m.15), Viqueira (Canedo, m.75); Alexandre (Via, m.85), Eibe, Juanjo (Raúl, m.81); Martín (Diego, m.68), Paulo, Fabián.
  • Goles: 0-1, m.22: Paulo a centro de Martín; 0-2, m.67: Paulo.

Paulo protagonista co Sofan en Lemos
Paulo protagonista do partido cos seus dous tantos

A SD fixo os deberes en Lemos e empezou pronto xa que os 30" xa avisou Martín con un tiro que se foi fóra. A parella Martín e Paulo facían dano e se ao cuarto de hora xa avisaban, no m.22 abrían o marcador. A SD seguía enchufada e Paulo volvía intentalo sen sorte, igual que Aye, pero antes do descanso o Lemos tivo o empate pero Brais resolviu ben no man a man.

Non cambiaron as tornas na segunda e a SD avisaba pronto. Foi no ecuador cando Paulo volve aproveitar un pase longo para facer o 0-2, e deixar o partido encarrilado. De aí ata o final varias ocasións máis de Aye, Eibe e Paulo pero o marcador xa non se movería.

Crónicas da Preferente

Comentarios